O persoal de incendios mobilizarase este mércores en Santiago por condicións dignas

Nacional -
O sector de Autonómica da CIG-Administración convoca unha manifestación dende o edificio administrativo de San Lázaro ás 12:00 horas

A CIG convoca unha protesta para denunciar a desprotección dunha traballadora do Concello das Neves vítima de acoso sexual

As Neves -
Desenvolverá unha concentración o venres no consistorio en apoio da afectada, contratada nun programa de emprego para vítimas de violencia de xénero

Persoal de coidados, formación e protección ás persoas convoca unha manifestación contra a precariedade este sábado en Santiago

Nacional -
A marcha arrincará da Alameda ás 11:00 horas para reclamar a dignificación laboral e salarial e a xestión directa a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas

Persoal das Administracións Públicas mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

Nacional -
A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade tras intentar aprobalo sen negociar

Nacional -
A CIG-Administración Autonómica denuncia que a empresa pública cancelou dúas xuntanzas e esixe retomar os traballos para pactar medidas reais

CIG-Administración convoca mobilización nacional pola recuperación do poder adquisitivo do persoal empregado público

Nacional -
A manifestación realizarase o 4 de novembro en Compostela e estará precedida dunha asemblea de persoas delegadas

Continúan as mobilizacións pola falta de información das medicións do gas radon no edificios xudiciais

A Coruña -
A CIG concentrouse na Fiscalía provincia da Coruña para reclamarlle á Xunta transparencia e prevención

A CIG esixe rematar de inmediato coas deficiencias na sala de autopsias do IMELGA en Pontevedra

Pontevedra -
Advirte de que o posíbel traslado ao novo hospital de Montecelo non pode servir de escusa para atrasar as solucións que garantan a saúde laboral

Persoal civil de Defensa mobilízase en Marín e Ferrol para que se garanta a mellora retributiva anunciada polo Ministerio

Marín/Ferrol -
A CIG aposta por continuar coas protestas “até que os compromisos se convertan en feitos”

O Goberno recicla o acordo salarial do persoal público e os sindicatos estatais venden os atrasos como unha nova conquista

Nacional -
A CIG denuncia a propaganda arredor dos incrementos de soldo e alerta de que o colectivo perderá 3,5 puntos de poder adquisitivo en Galiza en 2026

A CIG reclama 5 postos máis para a Área Penal do Servizo Común de Execución de Santiago

Compostela -
Solicita dous postos de xestión procesual e tres de tramitación para adaptar o cadro de persoal ao aumento da carga de traballo e reforzar a protección das vítimas

Esixen a dimisión da xerencia do Consorcio polos “atropelos” ao cadro de persoal

Nacional -
O sector de Autonómica da CIG-Administración reclama a intervención do ente pola Dirección Xeral de Emprego Público e unha auditoría

Claman contra a conselleira de Política Social en Santiago pola dignificación laboral nos servizos de atención ás persoas

Compostela -
Persoal dos sectores de discapacidade, menores, educación infantil 0-3 anos, residencias e SAF demanda mellores salarios e máis recursos

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Administración central, autonómica, provincial e local, correos e telégrafos, xustiza, universidades (persoal non docente), xuntas de portos, comisións administrativas de portos e parques de bombeiros.