Creación de servizos colectivos de coidado de carácter público ou adaptación de edificios e locais existentes destinados ao coidado e á atención das crianzas e da mocidade até os 18 anos. Estas instalacións combinarán actividades lúdicas con espazos onde poidan ler, imprimir documentos, realizar tarefas educativas de repaso, co obxectivo de paliar a fenda dixital e garantir o acceso de todas as crianzas ás novas tecnoloxías e internet.
A Xunta de Galiza, mediante o organismo público de ámbito galego que lle corresponda, correrá a cargo e coordinará cos concellos (ou de ser o caso ás deputacións provinciais) a prestación directa destes servizos, coa contratación do persoal necesario e habilitando as partidas económicas necesarias para garantir unha prestación directa dos mesmos.
NO ÁMBITO RURAL
• Reacondicionamento de institucións, ou creación de novas instalacións e servizos:
• Adaptaranse os espazos das escolas unitarias, escolas agrarias, centros cívicos municipais, casas da cultura, casas da mocidade, locais de ensaio, ou outras infraestruturas como servizos de atención ás crianzas, que serán reconvertidas como espazos lúdicos/educativos, garantindo que poidan realizar actividades ao aire libre, actividades de lectura, xogos, acceso a puntos WIFI, con servizo de impresión de documentos etc.
• Garantir a creación e posta en marcha da rede pública de Casas niño no rural naqueles municipios de menos de 5000 habitantes onde non exista esta infraestrutura.
• Modificación dos requisitos do Bono Coidado que permite a contratación dunha persoa coidadora. O persoal será contratado polos concellos, garantindo este servizo para todas as unidades familiares que carezan doutro recurso de coidado. Poderase facer uso deste recurso non só para cubrir necesidades puntuais, senón que poderán superar o máximo actual de 80 horas por familia e abarcar o horario que non poidan combinar entre os cónxuxes. No caso das familias monoparentais, a persoa coidadora contratada mediante o bono realizará a súa actividade cubrindo a xornada laboral da persoa proxenitora que solicita o servizo. Para esta situación tampouco haberá límite de idade.
NO ÁMBITO URBANO
• Reacondicionamento de institucións, ou creación de novas instalacións e servizos:
- Adaptaranse as escolas infantís municipais, centros de día, centros cívicos municipais, casas da cultura, casas da mocidade, como servizos de atención ás crianzas ou outras infraestruturas como servizos de atención ás crianzas, que serán reconvertidas como espazos lúdicos/educativos, garantindo que poidan realizar actividades ao aire libre, actividades de lectura, xogos, acceso a puntos WIFI, con servizo de impresión de documentos etc.
• Modificación dos requisitos do Bono Coidado que permite a contratación dunha persoa coidadora. O persoal será contratado polos Concellos, garantindo este servizo para todas as unidades familiares que carezan doutro recurso de coidado. Poderase facer uso deste recurso non só para cubrir necesidades puntuais, senón que poderán superar o máximo actual de 80 horas por familia e cubrir o horario que non poidan combinar entre os cónxuxes. No caso das familias monoparentais, a persoa coidadora contratada mediante o bono realizará a súa actividade cubrindo a xornada laboral da persoa proxenitora que solicita o servizo. Tampouco haberá límite de idade.
Todas as medidas adoptadas levaranse a cabo garantindo en todo momento a protección da saúde tanto das persoas traballadoras, como das usuarias dos servizos, debendo cinxirse ás recomendacións das autoridades sanitarias.