A CIG amplía a súa maioría no comité de Unísono e queda a un só representante da absoluta

Vigo -
Obtivo 11 das 23 persoas delegadas que se escollían nas eleccións sindicais celebradas no centro de chamadas con sede en Vigo

A CIG-Xustiza demanda melloras na sinalización e orientación ao público no edificio xudicial de Ourense

Ourense -
Denuncia que a reorganización da Administración trouxo cambios na distribución das unidades xudiciais que non viñeron acompañados dunha adaptación axeitada dos carteis

A FCM-CIG e persoal de Eulen péchanse en Augas de Galiza en defensa da continuidade dos empregos

A Coruña -
A medida de presión levantouse logo de confirmarse unha xuntanza co director da entidade pública para abordar a situación laboral dos traballadores

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS paraliza a Mesa Sectorial para evitar negociar

Nacional -
O sindicato acusa o Goberno do PP na Xunta de bloquear toda negociación até despois do 29 de novembro e negarse mesmo a discutir un acordo retributivo

A CIG logra a totalidade do comité de Stradivarius na provincia da Coruña

A Coruña -
A central fíxose coas nove persoas delegadas en liza, nunhas votacións que contaron con máis do 80% de participación

Mulleres da CIG claman contra a desprotección dunha traballadora do Concello das Neves que padeceu acoso sexual no seu posto

As Neves -
A central denuncia a falta de actuación municipal, até o punto de que o responsábel do acoso continúa no seu traballo sen medidas disciplinarias

A CIG-Servizos intensifica a campaña para esixir condicións dignas nos grandes almacéns

Nacional -
Convoca mobilizacións comarcais o martes 24 de novembro e novas xornadas de folga os días 28 de novembro e 6, 13, 20 e 23 de decembro

CIG-Banca leva a Lugo as mobilizacións contra a perda salarial e o acoso comercial no sector financeiro

Lugo -
A central denuncia a precarización das condicións laborais e retributivas e as presións que sofre o persoal para colocar produtos que a clientela non demanda

CIG-Industria reclama carga de traballo, investimentos e máis persoal para Navantia Fene

Fene -
A central sindical advirte da grave situación de abandono na que se atopan as instalacións

CIG-Saúde esixe a paralización do contrato con Eliance e licitar outro de urxencia

Santiago de Compostela -
O sindicato reclama reforzar as ambulancias medicalizadas mentres non se recupere o servizo do transporte sanitario aéreo

CIG-Saúde denuncia a eliminación do galego nos menús hospitalarios

Nacional -
O sistema de elección nos hospitais da Coruña, Ourense e Pontevedra non lle permiten ás persoas ingresadas realizar este trámite na lingua propia de Galiza

A CIG gaña as eleccións sindicais en SEAGA e amplía a súa maioría no conxunto de Galiza

Nacional -
A central obtén 13 dos 24 representantes que se escollían e consegue entrar de novo no comité de empresa de Pontevedra

A CIG alerta que o medre da carestía agrava a desigualdade e limita a autonomía económica das mulleres

Nacional -
A secretaría das Mulleres desenvolve campaña do 25 de novembro baixo o lema “Encarécennos a vida. Recórtannos os dereitos”