A xustiza condena a Viraxes a readmitir un traballador por vulnerar os seus dereitos fundamentais

A Coruña -
A empresa, que xestiona o CD do Castrillón, obrigou o persoal a manifestar a súa afiliación sindical e aplicou un despedimento colectivo encuberto

Persoal dos xulgados rexeita en Vigo a Lei de Eficiencia para reformar a xustiza

Vigo -
O Ministerio segue a negar o incremento do complemento xeral do posto e sen aclarar se vai negociar as funcións, a carreira profesional ou o teletraballo

Folguistas de Constellium mobilízanse na ETT Adecco contra a vulneración do dereito de folga

Vigo -
A empresa de automoción con sede no Porriño está a contratar persoal externo para mitigar o impacto do paro indefinido

Persoal vigués e ourensán de Ilunion clama na ONCE contra a represión laboral e sindical

Vigo/Ourense -
O centro especial de emprego está a aplicar unha política de acoso e de sancións e despediu sete traballadores/as estando de baixa

A CIG-Saúde denuncia a penalización do Sergas a profesionais de atención primaria

Vigo -
O sistema sanitario introduce un indicador para valorar o pago dun complemento salarial con obxectivos que non dependen das profesionais

As traballadoras de INDITEX vén recoñecida como enfermidade profesional unha doenza no ombro derivada do seu traballo

Nacional -
A CIG gaña a sentenza que obriga á mutua a pagar a prestación por IT e ao INSS, o TGSS, MUPRESPA, SERGAS e Zara a recoñecer a enfermidade

CIG-Banca non asina o convenio de Aforro porque nin garante o poder adquisitivo, nin avanza en dereitos

Nacional -
Denuncia que malia ter beneficios millonarios, a patronal consolida os recortes anteriores

A CIG de Ourense chama a unha reacción social ante a crítica situación sociolaboral da provincia

A perda de poboación e o avellentamento caracterizan unha sociedade na que o 35% das persoas asalariadas non chega ao SMI e 18.000 ingresan menos de 3000 euros ao ano

Carril chama a acumular forzas cara ao 1º de Maio ante a ofensiva ultraneoliberal e belicista

Nacional -
A CIG celebrou asembleas de delegados/as e protestas en nove localidades no marco da campaña ‘Stop precariedade. Traballo digno’