Folga, manifestación e concentracións do persoal de H&M este sábado 8 en Vigo e Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
As traballadoras da tenda de Lugo cumpren o terceiro día de folga

A CIG-Servizos baralla convocar protestas pola falta de avances no convenio de Hostalaría de Pontevedra

Pontevedra -
Dende a central sindical reclaman unhas condicións laborais dignas para os arredor de 25.000 traballadores/as do sector na provincia

O persoal de H&M de Vigo e Pontevedra desconvoca un día de folga tras confirmar a empresa que actualizará salarios

Vigo/Pontevedra -
Mantense a xornada de paro prevista para o 8 de abril á espera de que se apliquen os incrementos de soldo e se aumenten as xornadas

A CIG denuncia a arbitrariedade e discriminación que sofre o persoal municipal do Concello de Lalín

Lalín -
Representantes da central sindical concentráronse ás portas do consistorio para rexeitar a RPT e reclamar un convenio digno

As traballadoras de H&M en Pontevedra e Vigo, á folga contra os incumprimentos do convenio

Vigo/Pontevedra -
Serán dúas xornadas, os sábados 1 e 8 de abril, nas que tamén desenvolverán mobilizacións nas dúas cidades

A CIG clama contra a represión sindical coincidindo co xuízo a un traballador da conserva por participar nos piquetes

Pontevedra -
A sesión tivo que adiada pola folga que manteñen os letrados/as, descoñecéndose aínda a data da súa celebración

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG intensifica a recollida de sinaturas pola atención presencial

Nacional -
Instalaranse mesas nos vindeiros días en Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas e A Coruña para reunir máis apoios á súa campaña de denuncia contra a exclusión dixital

Os inspectores de pesca convocan folga contra o empeoramento das condicións de traballo

Pontevedra/A Coruña -
O Ministerio de Pesca quere impoñer un sistema de ultradispoñibilidade, flexibilizar os horarios e aumentar a xornada laboral

O persoal da construción da provincia de Pontevedra irá á folga se non hai acordo sobre o convenio na próxima xuntanza

Vigo/Pontevedra -
A patronal teima nunha suba salarial que non compensa a perda de poder adquisitivo e négase a implantar a xornada continuada no verán

Xornada de loita do persoal galego dos grandes almacéns coincidindo coa negociación do convenio estatal en Madrid

Nacional -
A patronal do sector continúa a ofrecer unha suba salarial insuficiente e mantén a súa negativa a eliminar o traballo en domingos e festivos

Desconvocan folga nas axencias marítimas, consignatarias e estibadoras de Pontevedra tras acordo de revisión salarial

Pontevedra -
​ A representación sindical e a patronal pactaron unha suba do 3% para 2021, do 7% para 2022 e do 4% para 2023, á espera dunha sentenza do Supremo

A CIG mobilizarase na Coruña, Vilagarcía e Lugo para reclamar un convenio digno nos grandes almacéns

Nacional -
Vai iniciar unha campaña de protestas en distintos establecementos por todo o país para rexeitar os intentos da patronal de precarizar aínda máis o sector

Desconvocada a folga en Serviguide tras pactar control do exceso de xornada, descansos e pago das horas extra

Lalín -
O persoal da empresa que carga e transporta polos para Avigal, sobre todo na comarca do Deza, tiña previsto iniciar onte un paro parcial indefinido