Cubre aquí a Ficha de Afiliación


Descarga a Ficha de Afiliación

Envíaa ao local da CIG ou entrégalla é representación sindical da CIG no teu centro de traballo.


Ficha de afiliación

Datos Persoais
Xénero
Datos Laborais
Situación Laboral

Empresa
Réxime de Cotización á SS
Tipo de Contrato
Centro de Traballo
Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Confederación Intersindical Galega (CIG)
Finalidade: Comunicacións e xestións propias da condición de afiliado/a
Lexitimación: Consentimento do/a interesado/a
Destinatarios/as: Non se cederan datos a terceiros/as.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.
Información adicional: Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://cig.gal/politica-proteccion-de-datos.html

2. Orde de domiciliación de débito directo SEPA

Exemplar para a empresa ou Banco/Caixa

Autorización de pagamento (Banco/Caixa)
BANCO

Quen abaixo asina autoriza ao Banco/Caixa citados a descontarlle periodicamente a cantidade indicada en concepto de cota sindical. A cota sindical será revisada anualmente polo Consello Confederal da CIG

* A Confederación Intersindical Galega reservase o dereito de solicitar a documentación precisa para verificar, e de ser o caso modificar, a cuantía da cota sindical en cumprimento da táboa de cotas de afiliación vixentes no momento da solicitude.

Mediante o asinamento desta orde e segundo o esixido pola Lei 16/2009 de servizos de pagamento (Zona Única de Pagamentos en Euros - SEPA), autorizo á Confederación Intersindical Galega para que, desde o día de hoxe, cargue na conta arriba indicada de forma recorrente os importes correspondentes á cota sindical. En virtude do anterior e en cumprimento da dita normativa, enténdese cumprido o requisito de notificación previa ao vencemento de cada cargo pola Confederación Intersindical Galega, mentres manteña a condición de afiliado/a.

A información sobre os dereitos da orde de domiciliación asinada estará dispoñíbel na súa entidade bancaria.

Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Confederación Intersindical Galega (CIG)
Finalidade: Comunicacións e xestións propias da condición de afiliado/a
Lexitimación: Consentimento do/a interesado/a
Destinatarios/as: Non se cederan datos a terceiros/as.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.
Información adicional: Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://cig.gal/politica-proteccion-de-datos.html

Condicións de uso intensivo dos recursos técnicos da CIG

Cobro de cotas sindicais complementarias sobre cantidades percibidas

A finalidade do cobro das cotas complementarias polos recursos técnicos da CIG é compensar a falta de antigüidade na central sindical daquelas persoas de recente afiliación, que non contan co tempo suficiente estipulado para teren dereito, entre outros recursos sindicais, á asistencia xurídica gratuíta ante calquera reclamación ou demanda na vía xudicial social ou administrativa.

Cobro de cotas sindicais complementarias en expedientes sen reclamación económica

No caso daqueles expedientes relacionados con asuntos que non impliquen unha indemnización ou contía económica (modificación substancial de condicións de traballo, vacacións, clasificación profesional, recoñecemento de dereito...) as persoas afiliadas terán que satisfacer as cotas complementarias vixentes en cada momento.

Ingreso das cantidades derivadas de reclamación

A persoa afiliada autoriza expresamente que as cantidades que, de ser o caso, se obteñan como consecuencia da presente reclamación se ingresen directamente nunha conta bancaria da cal é titular a CIG. Para tal fin, subscribirá a correspondente solicitude ao órgano administrativo e/ou xudicial, que se formulará mediante outrosí na papeleta de conciliación e/ou na demanda.

Unha vez ingresadas as cantidades na conta bancaria da CIG, esta procederá a deducir a contía que corresponda en concepto de cotas sindicais complementarias e ingresará a cantidade restante na conta bancaria da persoa afiliada.

Impago das cotas sindicais complementarias

Ao subscribirse o presente acordo no marco dunha relación de tipo asociativo-sindical, as partes someten calquera eventual discrepancia na súa interpretación ou aplicación aos órganos da xurisdición social e, dentro dela, aos xulgados do social da localidade onde se asina este documento.

O incumprimento por parte da persoa afiliada da obriga de pagamento de cotas sindicais complementarias dará lugar á denegación do seu acceso, entre outros aos recursos da asesoría xurídica da CIG para a realización de novas consultas ou reclamacións, sen prexuízo doutras responsabilidades a que houber lugar.

Utilización dos recursos sindicais da CIG por parte das persoas de recente afiliación

Para acceder a calquera recurso sindical da CIG, o que inclúe o acceso aos recursos xurídicos, é preciso ter una antigüidade mínima de tres meses e as cotas ao día. Quen non cumpra estes requisitos terá que pagar previamente a cantidade vixente nese momento de cotas sindicais complementarias.

Obriga do poder notarial

Na tramitación de expedientes colectivos (5 ou máis reclamantes) será preciso outorgar, ao inicio do mesmo, PODER NOTARIAL para a CIG. Así mesmo, nos expedientes que puidesen dar lugar a reclamación diante do FOGASA, será preciso sempre PODER NOTARIAL, sexa cal sexa o número de traballadores ou traballadoras, incluíndo o cobro directamente das cantidades que se reclaman.

Tamén terán obriga de facer poder notarial a afiliación con antigüidade inferior a 5 anos e en función das cantidades a reclamar.

Outras informacións

A competencia para decidir sobre a interposición e/ou viabilidade dun recurso ou dunha demanda será en primeira instancia do/a técnico xurídica da Unión Comarcal e en última do órgano de dirección comarcal ou nacional, ou persoa facultada polo mesmo, da estrutura da que dependa a persoa ou persoas afiliadas.

Se a persoa afiliada opta voluntariamente por acudir a un avogado ou avogada particular, a central sindical non se fará cargo da minuta dese profesional.

Ás contias das cotas sindicais, tanto ordinarias como complementarias, así como estas propias normas poderan ser modificadas, conforme as suas competencias, polo Consello Confederal da CIG polo que en cada momento estarán vixentes as aprobadas polo mencionado organismo e que poderan ser consultadas en: https://cig.gal/afiliate.html


Podes descargar a ficha cos datos que engadiches no formulario premendo no seguinte botón:


Contias das cotas sindicais

Ás contias das cotas sindicais, tanto ordinarias como complementarias, poden ser consultadas en: https://cig.gal/afiliate.html