A CIG mobilizarase contra a represión laboral e sindical nos Mercadona de Pontevedra

Pontevedra -
A central denuncia que a empresa pretende centralizar a negociación colectiva para apartar os sindicatos combativos

O SAF de Ponteareas desenvolverá protestas diarias até que se actualicen os salarios

Ponteareas -
A CIG denuncia que dende que a actual concesionaria se fixo cargo do servizo o persoal -que hoxe comezou coas mobilizacións- non cobrou nin unha soa nómina correctamente

“A solución, Ricardo readmisión”

Arteixo -
A sección sindical da CIG en Prosegur concéntrase na sede de Inditex contra o traslado arbitrario dun traballador

O comité de URBASER de Santiago denuncia que a empresa non puxo en funcionamento os vestiarios

Compostela -
A empresa segue sen cumprir os acordos que levaron, hai 11 meses, a desconvocar a folga que tiñan prevista

A xustiza condena a Viraxes a readmitir un traballador por vulnerar os seus dereitos fundamentais

A Coruña -
A empresa, que xestiona o CD do Castrillón, obrigou o persoal a manifestar a súa afiliación sindical e aplicou un despedimento colectivo encuberto

As traballadoras da limpeza sacan as fregonas amarelas ás rúas para reclamar o incremento salarial pactado en convenio

A Coruña -
Concentráronse nas oficinas de Eulen e Clece en demanda da revisión do 9,8% e o desbloqueo da negociación colectiva

As traballadoras de INDITEX vén recoñecida como enfermidade profesional unha doenza no ombro derivada do seu traballo

Nacional -
A CIG gaña a sentenza que obriga á mutua a pagar a prestación por IT e ao INSS, o TGSS, MUPRESPA, SERGAS e Zara a recoñecer a enfermidade

Denuncian os abusos que sofren as traballadoras do Gadis de Concheiros, en Compostela

Compostela -
A CIG-Servizos mobilizouse esta mañá para reclamar que a empresa actúe fronte esta situación

A CIG inicia mobilizacións contra a sobrecarga de traballo en Gadis e para exixir que se respecten os dereitos laborais

Lugo -
A empresa non cubre as baixas, ten unha parte importante do persoal por debaixo da categoría que lle correspondería e non lle facilita documentación ao comité

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.