UTE Carballo Urbaser sanciona o delegado de persoal tras reclamar a regularización dos soldos ao SMI

Carballo -
A CIG mobilizouse diante da empresa, concesionaria da recollida do lixo do Concello de Carballo

Declarado nulo o despido dunha traballadora da residencia DomusVi de Barra de Miño

Ourense -
O Xulgado de Ourense sostén que existiu discriminación por motivos de saúde e que se lle rescindiu o contrato por reclamar os seus dereitos

A Fiscalía de Ourense denuncia por corrupción, estafa e branqueo a concesionaria da recollida do lixo e o sindicato STL

Ourense -
A CIG presentara escrito en sede xudicial no ano 2020 alertando da existencia dun sistema de contratación irregular baseado no pago de “mordidas”

Persoal de DomusVi Pereiro mobilízase contra a explotación laboral e o maltrato que sofre

Ourense -
Exixen a readmisión dunha traballadora despedida por reclamar o seus dereitos

As traballadoras de Inditex mobilizaranse en Galiza para conseguir melloras sociais

Nacional -
Manifestaranse na Coruña o 7 de abril, pola equiparación das súas condicións ás dos seus compañeiros

O persoal de cociña do hospital do Salnés reclama o pago dos salarios pendentes

Vilagarcía -
A CIG reclamáralle ao Sergas a retención do depósito de garantía e das últimas mensualidades de Arcasa, a anterior concesionaria do servizo

Actores e actrices de dobraxe en Galiza mobilízanse por un convenio digo

Nacional -
Denuncian que teñen un convenio de 2006 que nin sequera se cumpre

O SAF de Salceda paga salarios de até case 1000 euros por debaixo do convenio

Salceda de Caselas -
O persoal afectado interveu no pleno para explicar a súa situación e mobilizouse coincidindo co Día Internacional das Mulleres Traballadoras

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.