Persoal de Ambulancias do Atlántico mobilízase no Sergas en Vigo para reclamar a licitación do servizo

Vigo -
A folga non se fixo efectiva porque a Xunta intermediou para o cobro das nóminas pendentes, pero os incumprimentos laborais acumúlanse

Sanidade non garante o pago de salarios do persoal de Ambulancias do Atlántico, que irá á folga

Vigo -
A empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña renuncia aos contratos coa Administración e anuncia a súa intención de entrar en concurso de acredores

O persoal de Ambulancias Casablanca acorda iniciar mobilizacións ante o deterioro das condicións de traballo

Compostela -
Denuncian os incumprimentos da empresa, despedimentos e presións

Traballadoras/es de Pescadona mobilízanse en Cambados para reclamar o pago dos salarios e contra a represión laboral

Cambados -
A FGAMT-CIG insta a dirección a normalizar as relacións coa representación sindical e a elaborar un calendario para o cumprimento do convenio

O persoal do 061 e do servizo de ambulancias non urxente de Vigo denuncia atrasos nas nóminas

Vigo -
A representación sindical comunicaralle á Xunta a situación da empresa e reclamará a xestión directa por parte da Consellaría

Cinco xornadas de folga no servizo de transporte sanitario non urxente de Pontevedra-O Salnés

Pontevedra/O Salnés -
O persoal de Ambulancias Civera mobilizouse hoxe para denunciar os constantes incumprimentos por parte da concesionaria

A CIG chama a participar na mobilización polo futuro da pesca e dos pobos pesqueiros

Nacional -
Este sábado, 6 de abril, con saída ás 12h da confraría de pescadores de Burela

Ex responsábel de Ambulancias do Atlántico, condenada a prisión por difundir comunicacións dirixidas a representantes sindicais

Vigo -
A empresa concesionaria do transporte sanitario dos hospitais públicos de Vigo tamén foi considerada culpábel do delito de descubrimento e revelación de segredos

Vitrasa dá por rotas as negociacións do convenio tras insistir nas mesmas propostas que en xuntanzas anteriores

Vigo -
O comité de empresa da concesionaria do transporte urbano vigués rebaixou as súas pretensións salariais para intentar desbloquear o conflito

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).