Persoal de Seaga denuncia que a Xunta usa a empresa pública como ETT cunha marcha de Pontecesures a Compostela

Compostela -
No percorrido reclamaron condicións laborais dignas e que se aplique a LOFAXGA na compañía

Rexeitan a declaración de Vigo como zona de grande afluencia turística porque permitiría ampliar a liberalización de horarios

Vigo -
CIG, CCOO e UGT entenden que precarizaría condicións laborais e afectaría pequeno comercio, e anuncian protestas se se aplica

Persoal de Seaga marchará a pé até Santiago para denunciar que a Xunta utiliza a empresa pública “como unha ETT”

Compostela -
Os traballadores/as que participan na extinción de incendios forestais inician calendario de protestas por unhas condicións laborais dignas

O Xulgado anula as multas impostas ao secretario comarcal da CIG-Ourense e a un traballador de Aspanas Termal

Vigo -
A Audiencia Provincial xa revogara a sentenza contra un membro da Executiva Confederal acusado de desobediencia á autoridade

Continúan as protestas do persoal de seguridade privada dos hospitais da Coruña contra o acosos laboral de Eulen Seguridade

A Coruña -
Delegados/as da CIG ocuparon as oficinas da Xerencia onde mantiveron un encontro co responsábel de recursos económicos

A sección sindical da CIG no comité de Froiz concéntrase na tenda de Noia en demanda de condicións laborais dignas

Compostela -
Denuncia o incumprimento da lexislación laboral en materia de horarios, descansos, vacacións, calendarios laborais e conciliación

Persoal do sector da limpeza de Lugo esixe o desbloqueo da negociación do convenio colectivo

A Coruña -
A patronal mantén unha postura inmobilista e só ofrece un ridículo incremento salarial de 2.70€/mes este ano e de 5.70€ para 2017

Desconvocada a folga en Portanova Park logo da empresa pagar parte da débeda salarial

A Coruña -
Traballadores e Concello realizarán de reunións de seguimento de funcionamento do aparcadoiro

O persoal de Linorsa Lugo suspende a folga nos centros de Política Social pero continúa co paro no resto dos servizos

A Coruña -
As traballadoras/es, que hoxe realizaron unha caravana de vehículos, tomaron a decisión logo da Consellaría comunicar o inicio do expediente de rescisión

Vixilantes de seguridade privada nos hospitais da Coruña mobilízanse contra o acoso practicado por Eulen Seguridade

A Coruña -
Denuncian o incremento inxustificado de sancións e apercibimentos ao persoal dende que a empresa se fixo coa contrata

Desconvocan a folga na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra-Salnés unha vez que o Sergas rescindiu o contrato con Linorsa

Vigo -
A CIG vixiará o proceso concursal da empresa para garantir que as traballadoras/es cobren os salarios e as débedas pendentes

Arredor do 80% do persoal de Linorsa secunda a folga na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra e do Salnés

Vigo -
As traballadoras/es, que reciben presións da empresa para abandonar a protesta, reclaman o pago dos salarios en tempo

As traballadoras de Linorsa iniciarán unha folga indefinida nos centros de ensino da comarca de Compostela o 18 de maio

Compostela -
Acordárono esta mañá en improvisada asemblea coincidindo coa concentración convocada diante do Parlamento de Galiza

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.