Persoal de Megatech en Ourense mobilízase por unhas condicións de traballo dignas
Traballadores/as de Megatech, empresa do sector da automoción con sede en Ourense, desenvolveron hoxe unha concentración diante das instalacións da fábrica convocados/as polas centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e USO reivindicar unhas condicións de traballo dignas. En concreto, reclaman un incremento salarial e que se reduzan as contratacións a través de Empresas de Traballo Temporal, que na actualidade xa representan arredor do 60% do total.
Segundo explican dende a CIG-Industria de Ourense, os sindicatos con representación na compañía levan tempo intentando negociar coa empresa melloras salariais e sociais. “Pero a dirección propuxo adiar as conversas até despois das vacacións e agora négase a negociar”, denuncian.
Entre as principais demandas do cadro de persoal salientan aplicar un incremento de soldos e reducir o número de contratación que se levan a cabo mediante ETT, xa que na actualidade representan xa arredor do 60% do total dos contratos que se subscriben na empresa.