Cada ano os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre (xullo, agosto e setembro) reflicten unha mellora no comportamento do mercado laboral derivado do marcado carácter estacional do emprego, baseado en actividades ligadas ao turismo, como a hostalaría e o comercio. Mais ao debullar polo miúdo estes datos observamos os graves problemas estruturais que caracterizan o mundo do traballo no noso país: aumento da poboación activa de máis de 45 anos e descenso da poboación ocupada na industria e na construción, sectores con mellores condicións laborais e salariais.
Polo que respecta á poboación activa, as mulleres sustentan o aumento rexistrado neste trimestre, mentres que descende entre os homes. Trátase maioritariamente de mulleres maiores de 45 anos, o que agrava un dos principais problemas estruturais do mercado de traballo: o avellentamento da poboación activa, xa que máis do 58% da poboación activa supera os 45 anos de idade.
Máis do 58% da poboación activa supera os 45 anos de idadE
Ao mesmo tempo, salienta o feito de que a taxa de actividade galega é un 5,4% inferior á taxa media estatal, o que está axudando a conter o índice de desemprego en niveis máis baixos que a media estatal. “O paro descende en Galiza por avellentamento da poboación e como consecuencia da emigración da xente nova e sobrecualificada para un mercado laboral precario como o noso”, tal e como sinala o secretario confederal Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.
Os datos amosan que aumenta o número de persoas dispostas a traballar (poboación activa), mais a economía galega non consigue xerar empregos a un ritmo suficiente para impedir a suba do paro entre as mulleres, que son as máis castigadas pola contratación temporal e a tempo parcial nos sectores máis precarizados.
Salvo un insignificante incremento do emprego no sector primario (100 persoas), todo o emprego xerado no terceiro trimestre concéntrase no sector servizos, e dentro deste nas actividades ligadas ao turismo (hostalaría, comercio, etc.).
Poboación ocupada segundo sectores.
|
|
Total
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galiza
|
[2025/T3
|
2025/T2
|
Variación absoluta
|
|
Total
|
1.179,50
|
1.165,50
|
14,00
|
1,2%
|
|
Agricultura
|
66,5
|
66,4
|
0,10
|
0,2%
|
|
Industria
|
189,8
|
195,7
|
-5,90
|
-3,0%
|
|
Construción
|
71,9
|
79,4
|
-7,50
|
-9,4%
|
|
Servizos
|
851,3
|
824
|
27,30
|
3,3%
|
Fonte. EPA. INE.
Este tipo de empregos provocan un medra da temporalidade na contratación, polo que descenden as persoas asalariadas con contrato indefinido e aumentan as de contrato temporal (a taxa de temporalidade medrou 0,6 décimas). “Se ben o aumento da poboación activa foi feminina, o medre da ocupación foi maior entre a os homes, o que afectou ás taxas de paro, cun incremento da taxa de paro feminina dun punto, o paro feminino por riba do masculino”.
Taxa de paro segundo sexo.
|
|
Total
|
|
2025/T3
|
2025/T2
|
|
Ambos sexos
|
|
Galiza
|
8
|
8,34
|
|
Homes
|
|
Galiza
|
7,02
|
8,65
|
|
Mulleres
|
|
Galiza
|
8,99
|
8,03
|
Fonte. EPA. INE.
Para o responsábel sindical, o descenso da poboación ocupada no sector industrial é un dos elementos máis preocupantes, “xa que vén de man dunha grave crise no sector da automoción que a Xunta non foi quen de atallar pese aos continuos avisos da nosa federación de Industria e do conxunto dos representantes sindicais das empresas; unha perda de emprego industrial á que non lle vemos fin e que a bo seguro se vai agudizar nos vindeiros meses, o que demostra a incompetencia do Goberno de Rueda e da Consellaría de Industria”.
Sío tamén pon o foco sobre a perda de 7500 persoas ocupadas na construción nun período que historicamente non se caracteriza pola perda de postos de traballo, o que contradí as continuas queixas da patronal do sector a respecto da falta de man de obra. “Unha patronal incapaz de sentarse a negociar un convenio galego que mellore as condicións laborais e volve facer da construción un sector atraínte para a clase traballadora”.