Os datos da EPA do terceiro trimestre de 2023 amosan unha forte contracción do mercado laboral

A poboación activa e a ocupada reducíronse nun período no que medraron as desigualdades sociais e a pobreza laboral
Nacional - 26 Xan 2024

Os datos da Enquisa de Poboación activa (EPA) do último trimestre de 2023 amosan unha forte contracción do mercado laboral galego: a poboación activa redúcese en case 8000 persoas (un 0,6%), redución que se reflicte tanto na caída da poboación ocupada como na parada.

Principais variables. En miles.

       

Variación %

 

 

2022/IV

 

2023/III

 

2023/IV

Trimestral

Anual

Total

2.345,60

2.352,90

2.357,20

0,2

0,5

Activos

1.235,90

1.261,60

1.253,70

-0,6

1,4

Poboación ocupada

1.104,50

1.144,40

1.138,90

-0,5

3,1

Poboación parada

131,4

117,2

114,7

-2,1

-12,7

Inactivos

1.109,70

1.091,40

1.103,50

1,1

-0,6

Fonte: EPA. IGE.

A nivel sectorial, a redución da ocupación prodúcese en case todos os sectores, rexistrándose 5500 persoas ocupadas menos no cuarto trimestre do ano pasado con respecto ao trimestre anterior. En termos absolutos, o maior descenso da ocupación tivo lugar no sector servizos (con 8700 persoas menos), seguido da construción (1800 menos). O descenso da ocupación afectou exclusivamente as persoas asalariadas, atinxindo as 15.700 persoas, un 1,7%.

       

Variación %

 

Poboación ocupada

 

2022/IV

 

2023/III

 

2023/IV

Trimestral

Anual

Total

1.104,50

1.144,40

1.138,90

-0,5

3,1

Agricultura e pesca

71

72,7

71,5

-1,7

0,7

Industria

162,8

168,4

174,7

3,7

7,3

Construción

70,1

78,5

76,7

-2,3

9,4

Servizos

800,7

824,8

816,1

-1,1

1,9

Fonte: EPA. IGE

Diante disto, o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, sinala que “a pesar da campaña de propaganda do Goberno central e da Xunta, se se analizan os datos polo miúdo atopámonos con que non son tan positivos como se quere facer ver, xa que amosan un aumento das desigualdades sociais e da pobreza en Galiza”. Neste contexto, o avellentamento da poboación e o avance da desertización industrial condenan a xente nova, “a máis preparada da historia do país”, a ter que emigrar por falta de emprego.

A EPA tamén evidencia problemáticas que a CIG leva tempo denunciando, e que teñen que ver coa non derrogación das últimas reformas laborais. Como por exemplo o incremento do número de persoas que teñen un contrato a tempo parcial, mentres que a contratación a tempo completo se reduce.

Isto provoca que moitas persoas non reciban un salario íntegro precisamente nun momento no que a carestía da vida se atopa nos niveis máis altos dos últimos 30 anos. “En consecuencia, un número moi importante de traballadores/as, moitos deles/as incluso con estudos universitarios, viven no limiar da pobreza a pesar de ingresar un soldo”, denuncia Sío.

Tamén se pode observar como a fenda salarial de xénero segue vixente, amosando que as mulleres teñen menos posibilidades de atopar un emprego e de que este teña unhas condicións dignas. De feito, son as mulleres as que continúan a padecer en maior medida a contratación a tempo parcial.

Esténdese a contratación fixa descontinua

Ao mesmo tempo, a contratación fixa descontinua esténdese cada vez máis, até o punto de que se incrementou un 125% dende o ano 2021. E medran os despedimentos e redúcese a contía das indemnizacións como consecuencia das reformas laborais. De feito, as rescisións de contrato sen superar o período de proba multiplicáronse por 10, o que na práctica supón unha modalidade de despido libre e gratuíto, xa que carece de indemnización. “Trátase dunha artimaña da que bota man a patronal para escapar da reforma laboral e que afecta ás persoas en situación de maior precariedade laboral”. 

Os despidos sen superar o período de proba multiplicáronse por 10, o que na práctica supón unha modalidade de despido libre e gratuíto, xa que carece de indemnización

O responsábel sindical incide en que esta realidade desmonta o suposto aumento da estabilidade no emprego. “Por non falar, ademais, que o Estado español ten a taxa de paro máis alta de Europa, a moita distancia do segundo país, que é Grecia”.

En consecuencia, urxe a necesidade de aplicar políticas públicas encamiñadas a reducir un desemprego “insoportábel”, xa que a taxa de paro do Estado español é o dobre da media europea. “Mais é esencial que os postos de traballo que se creen teñan unhas condicións dignas; non chega con que sexa emprego indefinido, ten que ser a tempo completo e cuns salarios xustos”.

Precisamente para enfrontar esta situación que atravesa o mundo do traballo e desmontar a propaganda gobernamental a CIG vén de anuncia a posta en marcha dunha campaña de información nos centros de traballo e de mobilización na rúa baixo o lema ‘Stop precariedade. Traballo digno’.

A iniciativa dará comezo de xeito oficial o vindeiro xoves 1 de febreiro coa celebración dunha asemblea nacional de delegados/as en Santiago, tras a que terá lugar unha manifestación até a sede da Xunta en San Caetano.