O sector servizos consolídase como principal xerador de emprego mentres a industria segue a perder postos de traballo
Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao segundo trimestre de 2023, evidencian a preocupante evolución da actividade industrial no noso país xa que malia o incremento xeneralizado da poboación activa e ocupada, este sector é o único no que descendeu a ocupación no último ano. Consolídase pois un mercado laboral centrado nos servizos, xa que nos últimos tres meses o 61% dos novos empregos creáronse neste sector.
"É evidente que os datos macroeconómicos da evolución do emprego son positivos, cunha taxa do paro en Galiza por debaixo do 10%, mais atrás destes datos agóchase unha realidade de precariedade e inestabilidade laboral", valora o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío.
Taxa de paro |
|
|
|
|||
Total |
11,2 |
10,9 |
9,6 |
|||
Homes |
10,5 |
10,1 |
8,9 |
|||
Mulleres |
11,9 |
11,8 |
10,3 |
Fonte: EPA.INE
Subliña que o forte peso do emprego no sector servizos conforma un mercado de traballo “preocupante” en Galiza no que, baixo novas nomenclaturas, atopamos unha realidade de pobreza laboral e falta de estabilidade. Proba disto é o forte medre da poboación asalariada con contrato fixo/descontinuo, que aumentou un 44,4% neste último trimestre, "o que agocha a elevada temporalidade de moitos dos novos empregos".
Poboación ocupada por sectores
|
|
|
|
Variación |
|
|||
|
|
|
|
Trimestral |
Anual |
|||
Total |
1.105,20 |
1.103,70 |
1.130,20 |
26,50 |
25,00 |
|||
Agricultura, gandaría, caza e silvicultura |
44,4 |
48,3 |
51,1 |
2,80 |
6,70 |
|||
Pesca e acuicultura |
20 |
17,4 |
20,7 |
3,30 |
0,70 |
|||
Industria |
168,4 |
161,9 |
167,4 |
5,50 |
-1,00 |
|||
Construción |
73,8 |
75,4 |
74,3 |
-1,10 |
0,50 |
|||
Servizos |
798,6 |
800,5 |
816,7 |
16,20 |
18,10 |
Fonte: EPA.INE
Chega con comprobar o número de horas traballadas neste período, no que 46.500 persoas máis declararon traballar menos de 30 horas á semana. Por iso, denuncia que malia descender o desemprego e a taxa de inactividade "segue a medrar a parcialidade e caer os ingresos, é dicir aumenta a pobreza da clase obreira".
Neste contexto de alza do emprego, chama a atención os datos da provincia de Ourense, onde hai 600 fogares máis con todos os membros no paro, manifestación clara do proceso de destrución do tecido produtivo e do empobrecemento que vive o interior de Galiza.
Principais variábeis
|
|
|
|
Variación |
|
||
|
2022/II |
2023/I |
2023/II |
Trimestral |
Anual |
||
|
|
2.346,50 |
2.348,80 |
2,30 |
7,20 |
||
Activos |
1.244,70 |
1.238,70 |
1.249,90 |
11,20 |
5,20 |
||
Poboación ocupada |
1.105,20 |
1.103,70 |
1.130,20 |
26,50 |
25,00 |
||
Poboación parada |
139,4 |
135,1 |
119,7 |
-15,40 |
-19,70 |
||
Inactivos |
1.096,90 |
1.107,80 |
1.098,80 |
-9,00 |
1,90 |
Fonte: EPA.INE
Para enfrontar esta realidade, o responsábel de Emprego da CIG reclama menos propaganda e máis políticas que sexan "realmente de esquerdas", a comezar pola derrogación das reformas laborais e a recuperación de todos os dereitos perdidos; así como medidas destinadas a encetar un cambiar o modelo socioecónomio "que aposte por volver a ter industria no país e pola creación de emprego en condicións dignas".
Neste senso, González Sío insta a mellorar a capacidade adquisitiva da clase traballadora reforzando dunha banda a negociación colectiva para incrementar os salarios por esta vía, mais tamén aumentando o Salario Mínimo Interprofesional até o 60% do salario medio do Estado, tal e como recomenda da Carta Social Europea. "Cumprir este principio suporía situar o SMI por enriba dos 1200 euros mensuais", lembra.
"Estas son as receitas necesarias para termos un mercado de traballo forte que remate coa pobreza laboral e a inestabilidade", conclúe.