Apróbase considerar accidente de traballo os períodos de illamento ou contaxio por COVID-19
O BOE publica hoxe unha medida pola que se recoñece a “consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo dos períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia do virus COVID-19”.
O Boletín Oficial do Estado recolle literalmente que “ao obxecto de protexer a saúde pública, consideraranse, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal del sistema de Seguridade Social, aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo virus COVID-19”.
En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta.
Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos réximes de Seguridade Social.
A data do feito causante será a data na que se acorde o illamento ou enfermidade da persoa traballadora, sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a esa data.