Declarados nulos os despidos represivos de dous traballadores de Comfica en Ourense

Ourense -
O Xulgado do Social obriga a readmitir os dous afectados, que volverán aos seus postos este xoves

“Xunta implicación, Faurecia solución”

Vigo -
O persoal de Madera Fiber do Porriño mobilízase polas rúas de Vigo e diante do Ceaga en defensa dos seus postos de traballo

A CIG reclámalle ao TSXG o reforzo do Xulgado de Xinzo ante a sobrecarga de traballo que padece o persoal

Xinzo de Limia -
Na central advirten dos riscos psicosociais aos que se expoñen os traballadores/as pola situación de colapso na que se atopa este órgano

As cargas policiais ás portas da Deputación de Ourense deixan varios bombeiros feridos

Ourense -
O colectivo de traballadores/as dos parques comarcais en folga continuou hoxe coas mobilizacións en defensa dunhas condicións laborais dignas

O persoal da louseira Irosa-Samaca retoma as protestas ante o próximo desaloxo da empresa

O Barco -
Traballadores/as mobilizáronse hoxe nos xulgados do Barco de Valdeorras para reclamar axilidade co recurso da compañía

A CIG-Saúde do Barco alerta do desmantelamento progresivo do sistema sanitario de Valdeorras

Valdeorras -
Denuncia a “situación insostíbel” na que se atopa o servizo de hematoloxía e os problemas de persoal que arrastra o de oftalmoloxía dende principios de ano

O sector da limpeza de Pontevedra e Ourense mobilízase ante a paralización dos convenios provinciais

Vigo/Ourense -
Traballadoras/es desenvolveron protestas diante das sedes de Eulen, empresa que fai parte da asociación patronal que se senta na mesa

A CIG denuncia o colapso dos Xulgados de Primeira Instancia de Ourense

Ourense -
Remitiulle un escrito á Dirección Xeral de Xustiza para reclamarlle o nomeamento dunha persoa de reforzo en catro deles

A CIG-Xustiza reclama un novo xulgado do Penal en Ourense que remate coa saturación actual

Ourense -
Denuncia que dende 2017, ano no que comezou o colapso destes xulgados, só se integraron tres funcionarios/as e un reforzo interino

Varios milleiros de valdeorreses/as bótanse á rúa para evitar o peche da louseira Irosa

Valdeorras -
O cadro de persoal logrou un primeiro intento de desafiuzar a empresa, pero o xulgado volverá intentalo o vindeiro 29 de novembro

O persoal da louseira Irosa convoca una manifestación para evitar o peche da empresa por orde xudicial

Valdeorras -
A mobilización en defensa do emprego terá lugar este venres 22 no Barco

Persoal da limpeza de Correos en folga mobilízase polo pago de salarios e a rescisión coa actual contrata

Dende o comité responsabilizan a empresa pública de outorgarlle a concesión do servizo a JCórdoba, unha compañía insolvente que incumpre a lexislación laboral