Vinte organizacións demandan ao goberno de España que garanta o acceso global á vacina de HIPRA
Vinte organizacións, entre elas a CIG, como membros impulsores da Plataforma #Right2Cure, que avoga pola liberación das patentes das vacinas, e a través da coordinación das diferentes plataformas existentes no estado español, a CI, xunto con outras organizacións, reclama que se garanta o acceso global á nova vacina da farmacéutica HIPRA.
Piden ademais que se faga baixo as seguintes premisas:
- O goberno de España ten investido millóns de euros no desenvolvemento desa vacina da farmacéutica española, que está a punto de comezar a terceira fase dos ensaios clínicos, etapa previa á súa aprobación definitiva.
- Reclaman ao Presidente, Pedro Sánchez, que se impoñan condicións nos contratos de financiamento para garantir que as licencias das vacinas da COVID-19 desenvolvida con cartos públicos non sexan exclusivas, asegurando así o acceso ás mesmas.
- Piden que a vacina de HIPRA, e as que está a desenvolver o CSIC se incorporen a C-TAP, a Plataforma impulsada pola OMS para compartir o coñecemento e a propiedade intelectual das vacinas e doutras ferramentas contra o virus.
Con este motivo remitiron unha carta ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para reclamar que haxa máis protección do investimento público que se está destinando ao desenvolvemento das vacinas e outras ferramentas sanitarias contra a Covid-19.
O documento subliña que os acordos de financiamento asinados durante a pandemia entre o Goberno e institucións ou empresas, sexan públicas o privadas, deben incluír condicións que garantan que os resultados da investigación sufragada con ese diñeiro público teñan licencias non exclusivas para asegurar o seu acceso en todo o mundo, evitando os monopolios que provoca a propiedade intelectual cando todo queda en mans da industria farmacéutica.
Ensaio clínico en fase 3
As organizacións amosan especial preocupación polo caso de Hipra, unha compañía española que desenvolve unha vacina contra a Covid-19 que está a punto de comezar o ensaio clínico en fase 3, con 3.000 pacientes de 15 hospitais do estado español, Italia e Portugal, porque, se todo sae ben, esta sería a última etapa antes de comezar o seu proceso de regulación y autorización.
Para a investigación e o desenvolvemento da vacina, lembran as entidades, a compañía ten recibido millóns de euros de inversión pública. Entre outras partidas, obtivo 15 millóns en axudas públicas para a fase IIb/III dos ensaios clínicos, segundo anunciou hai uns meses a Ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant.
Porén, cren que nada garante que cando a vacina comece a producirse poida chegar a todas as persoas que a necesiten dentro e fóra do estado español. É por isto que lembran a Pedro Sánchez que “se encontra no ámbito das súas responsabilidades a busca de fórmulas que coloquen como obxectivo central a saúde pública e propoñan ás empresas unha remuneración axeitadamente proporcional aos seus esforzos de inversión”.
O camiño xa existe
Na carta, as entidades poñen como exemplo a vacina Corbevax, deenvolvida polo Hospital Infantil de Texas e o Baylor College of Medicine, cuxa licencia non é exclusiva e está a disposición de fabricantes de todo o mundo con capacidade para producila.
No caso da vacina de Hipra e das vacinas que desenvolve neste intre o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), as entidades asinantes reclaman que as súas licencias se compartan a través de C-TAP, la plataforma impulsada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) destinada a intercambiar coñecementos e a propiedade intelectual das vacinas e outros produtos contra a Covid-19. “Débense incorporar condicións e provisións de acceso para que tanto as entidades públicas como privadas, licencien os seus produtos a través de acordos globais e non exclusivos, a través de C-TAP, compartindo os dereitos de propiedade intelectual, con unha compensación razoable á empresa polo seu esforzo económico”, sinala a carta.
Asemade, piden ao Goberno que o financiamento destinado a institucións públicas sexa prioritaria e o mesmo que o que se inviste en institucións e empresas privadas.
Lembran que en novembro de 2021, o estado español foi o primeiro en sumarse a C-TAP incorporando a esta plataforma un test diagnóstico desenvolvido polo CSIC. Esta licencia permite a calquera empresa acreditada fabricar o test, conseguindo así que poida ser accesible e asequible para todas as persoas que o precisen, en calquera país del mundo.
Esta cesión demostra que “o Goberno de España ten a oportunidade de avanzar e liderar a nivel mundial a proposta de solucións concretas para acadar un acceso e unha distribución xusta e equitativa das vacinas”, engade a carta.
A pandemia da inequidade
As vinte organizacións lembran que estamos nun intre clave. Mentres nos países máis ricos os gobernos se preparan xa para convivir coa Covid-19, poñen terceiras doses e incluso avanzan nunha cuarta, nos países de baixos ingresos vacinouse con dúas doses só ao 10% da poboación.
A causa, segundo explican, “está nos monopolios das vacinas que limitaron a produción e a suba dos presos, xunto co acaparamento de vacinas desencadeado entre os países que poden pagar os prezos impostos por contrato polas farmacéuticas”. Porén, a estratexia debería ser a contraria, “aumentar a produción e diversificala en todas as rexións do mundo, fortalecendo os sistemas sanitarios”. Trátase, en definitiva, de “mellorar a resposta de todos os países aos desafíos globais de saúde pública”.
Organizacións asinantes: Salud por Derecho, Médicos del Mundo, Asociación por un Acceso Justo al Medicamento, Organización Médica Colegial, No Gracias, Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP), Amnistía internacional, Oxfam Intermón, La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo, Médicos sin Fronteras, Farmamundi, Plataforma de afectados por hepatitis C (PLAFH), medicusmundi, Comisiones Obreras – CCOO, Unión General de Trabajadores – UGT, Right2Cure – Campaña Non Profit on Pandemic EU, Intersindical Valenciana, ACDESA PV, AVUSAN Asociación Valenciana de Usuarios de Sanidad, Confederación Intersindical, CEAV, Confederación Intersindical Galega (CIG), Valencia Saludable, medicusmundi Mediterránea e STEC Cantabria.