VII Asemblea Comarcal da CIG-Administración da Coruña reelixe a Eduardo Freire como secretario
A VII Asemblea comarca da Federación de Administración Pública da Coruña, celebrada o xoves 12 de abril, reelixiu a Eduardo Freire como secretario comarcal. No proceso escolleuse tamén á nova Executiva e Dirección comarcal da Federación, así como ás persoas que formarán parte da Dirección da comarca da CIG da Coruña e ás e aos responsábeis da maioría dos sectores.
Deste xeito a nova Executiva queda integrada por:
1. Eduardo Freire Bargados
2. Erea Estévez Campos
3. Xosé Manuel Pérez Álvarez
4. Xosé M. Vázquez Bardanca
5. María Xosé Corominas Tenreiro
6. Jorge González Fernández
7. Cristina Díaz Mira
Afrontar os retos
Ao remate do mesmo, Eduardo Freire salientou que desta asemblea sae unha nova Executiva "que arrinca con gañas de encarar o proceso de eleccións sindicais que temas ás portas, marcado polas políticas de recortes, de deterioro das condicións laborais e dos servizos públicos, mais con enerxías abondo para loitar pola clase traballadora e por defender os dereitos de todo o persoal das administracións".