
Vídeo-denuncia do caos de tráfico no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A CIG-Saúde continúa cunha vídeo-denuncia a campaña para reclamar a dotación de máis zonas de aparcamento no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para rematar co caos de tráfico que se produce nas horas punta.
Dende a central denuncian que os problemas de circulación que padecen persoal e pacientes son consecuencia da mala organización dos accesos e do afán de negocio do modelo de xestión escollido polo PP.
>> Accede á nova anterior onde se explica a campaña
Ademais, a CIG-Saúde de Vigo expresa o seu apoio á concentración que terá lugar o vindeiro mércores 25 ás 11 horas no corredor de xerencia do HAC para, precisamente, reivindicar solucións aos problemas de aparcamento.