Vía Galega conmemora este domingo, 18 de novembro, o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo
Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. O próximo domingo, a plataforma Vía Galega, da que a CIG fai parte, celebrará varios actos para conmemorar o centenario daquel feito, central na reivindicación da Galiza como suxeito político e a reclamación da súa soberanía.
A plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza, ten previsto un completo programa de actos na cidade de Lugo para o vindeiro domingo, 18 de novembro, que comprende a aprobación da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’, actualizando así o manifesto aprobado nesa 1ª Asemblea Nacionalista Galega; unha ofrenda floral; e un roteiro pola Muralla de Lugo con lectura de textos de activistas das Irmandades da Fala, acompañada de música e finalizando co canto do himno nacional.
Programa de actos
- 10.45h Benvida ás/aos asistentes .
- 11-12.45h Intervencións e Lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’ (acto amenizado con intervencións musicais).
- 13h Ofrenda floral no Hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña, 1).
- 13.30h Lectura de textos e acto reivindicativo na Muralla de Lugo.
- 14h Peche do acto coa interpretación e canto do himno nacional.