Urbaser Santiago convoca ao comité a unha xuntanza o luns día 8, a unha semana do inicio da folga
Urbaser Santiago, concesionaria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo de Santiago, púxose este xoves en contacto co presidente do comité de empresa para convocar unha xuntanza co comité para este luns día 8, ás 17:00 horas.
O comité agarda que nesta reunión se atendan as reivindicacións que o persoal vén facendo desde hai meses respecto de cuestións como o cumprimento do convenio colectivo e dos acordos extra-convenio, que teñen a mesma validez.
Confían en que, deste xeito, se resolva o conflito e non se chegue a facer efectiva a convocatoria de folga indefinida que, do contrario, se iniciaría o día 15 de maio.