O persoal de transporte de mercadorías continúa na Coruña coas protestas por un convenio digno

A Coruña -
Reclámanlle á patronal que regrese á mesa de negociación con propostas serias e advirten da convocatoria de folga se non hai avances

Seguimento maioritario na primeira xornada de folga no metal de Lugo por convenios dignos

Lugo -
O persoal manifestouse polo polígono do Ceao para visibilizar a súa disposición a loitar por unha mellora real dos salarios e das condicións de traballo

Almacéns paralizados e tendas pechadas ou en mínimos na nova xornada de folga no comercio de alimentación da Coruña

A Coruña/Ferrol/Compostela -
O persoal manifestouse na cidade herculina para demostrar a disposición a seguir na loita por un convenio digno

Centos de persoas mobilízanse na folga do comercio de alimentación en Compostela e Ribeira

Compostela -
Na xornada de folga do martes, día 13 de outubro, está convocada na Coruña unha manifestación que sairá ás 12 horas da Praza de Lugo e rematará na Praza de San Agustín

Desconvocada a folga no comercio de alimentación de Lugo tras UGT asinar un convenio ás agochadas do persoal

Lugo -
A CIG rexeita esta nova traizón cando o sector estaba mobilizado e disposto a pelexar por unha mellora real das súas condicións salariais e laborais

CIG, CCOO e UGT convocan mobilizacións por un convenio digno no transporte de mercadorías da Coruña e non descartan folga

A Coruña -
As centrais sindicais reclaman salarios xustos, reducir a xornada e avanzar en dereitos para levar o sector ao século XXI

A CIG non asina o convenio de oficinas e despachos de Lugo porque non recupera salarios e elimina a antigüidade

Lugo -
O texto asinado pola UGT e a patronal segue mantendo as táboas no límite do SMI e suprime o complemento que permitía cobrar un 6% máis do salario base por cada trienio

A CIG convoca folga no comercio de alimentación de Lugo o 10 de outubro en resposta ás miserentas propostas da patronal

Lugo -
A central anima ao conxunto do persoal a secundar o paro e participar na manifestación que sairá ás 11h do Hiper Froiz da rúa Montero Ríos

Persoal do metal de Lugo quenta motores para a folga cunha concentración no Polígono do Ceao

Lugo -
As asembleas acordaron ir ao conflito en resposta á parálise patronal na negociación dos convenios

Convocada folga no metal de Lugo os días 14 e 21 outubro ante a falta de avances na negociación dos convenios

Lugo -
O 1 de outubro haberá unha primeira mobilización, ás 13h, no Polígono do Ceao

A CIG rexeita o convenio de XEAL por non garantir a recuperación dos salarios e asinarse de costas ao persoal

Cee -
Critica que o acordo final non foi trasladado á asemblea para a súa votación, ignorando a vontade manifestada polo conxunto das traballadoras e traballadores

O persoal do comercio de alimentación quenta motores en Ferrol para a gran manifestación deste domingo

Ferrol -
A marcha sairá ás 12h do entorno do CC Catro Camiños da Coruña para reclamar un convenio provincial digno

O persoal do comercio de alimentación da Coruña inicia un novo calendario de mobilizacións por un convenio digno

A Coruña -
As protestas, que arrincaron este xoves no Gadis de Montealto, inclúen unha manifestación provincial o 20 de setembro e tres días máis de folga en outubro