Seis de cada dez persoas que están sen traballar en Galiza non perciben ningunha prestación

O paro volveu medrar no mes de agosto, con 1640 persoas máis, situándose nun total de 176.951
Nacional - 02 Set 2020

Máis do 62% das persoas que están sen traballar en Galiza (no desemprego ou en ERTE) non perciben ningunha prestación, tal e como se desprende dos datos do SEPE que se veñen de coñecer. Das 395.709 persoas nesta situación, unicamente 150.178 ingresaban algunha prestación a finais de xullo. Segundo estes datos, o noso país rematou agosto cun total de 176.951 persoas no paro, o que supón un incremento de 1640 con respecto ao mes anterior.

 

Persoas ERTE

Persoas desempregadas

 

A Coruña

70.543

72.553

143.096

Lugo

16.656

17.276

33.932

Ourense

20.572

19.701

40.273

Pontevedra

89.106

67.421

156.527

Outros

21.881

 

21.881

Total

218.758

176.951

395.709


O desemprego medrou en todas as provincias neste último mes.

Parados/as provincia

 

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Xullo

Agosto

Mensual

Agosto/febreiro

A Coruña

66.516

71.534

72.553

1.019

3.037

Lugo

16.265

7.218

7.276

58

1.011

Ourense

18.397

19.556

19.701

145

1.304

Pontevedra

65.051

66.993

67.421

428

2.370

Total

166.229

175.311

176.951

1640

10.722


Este aumento do paro do 0.94% de xullo a agosto contrasta coa subida do 15,04% con respecto ao mesmo período do ano anterior, o que amosa a grave crise na que se atopa inmerso o mercado laboral galego. A isto hai que sumar a mala calidade do emprego que se xenera, xa que o 92% dos 64399 contratos subscritos en agosto foron temporais. De feito, no que vai de 2020 rexistrouse un 26,91% menos de contratos indefinidos a tempo completo que no mesmo período ano pasado.

Ao mesmo tempo, a falta de cobertura das persoas desempregadas afonda na vulnerabilidade dunha parte moi importante da poboación, que nestes momentos non está traballando por atoparse en ERTE ou no desemprego. Por se isto fose pouco, as persoas que superen os seis meses en ERTE verán reducida a súa prestación á metade a partir deste mes de setembro.

O paro volveu a medrar en agosto no noso país tras o lixeiro descenso que se rexistrara en xullo motivado pola contratación precaria vinculada ao sector servizos. As mulleres son de novo o colectivo máis afectado polo incremento do desemprego, tal e como vén acontecendo dende o inicio da pandemia. Dende entón o paro incrementouse entre as mulleres o dobre que entre os homes, tendencia que se agudizou no último mes.

Parados/as sexo

 

 

 

Evolución

 

Sexo

Febreiro

Xullo

Agosto

Mensual

Agosto/febreiro

Homes

71.438

74.777

75.125

348

3.687

Mulleres

94.791

100.534

101.826

1.292

7.035

Por sectores, foi o de servizos o que experimentou un peor comportamento, tanto mensualmente como dende febreiro.

Parados/as sectores

 

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Xullo

Agosto

Mensual

Agosto/febreiro

Industria

18.297

19.537

19.774

237

1.477

Construción

13.613

13.862

13.724

- 138

111

Servizos

114.987

121.372

122.005

633

7.018

O único dato que amosou un bo comportamento foi a afiliación á Seguridade Social, que no último mes incrementouse en Galiza en 7125 persoas.

Afiliación á SS

 

 

Evolución

 

 

Febreiro

Xullo

Agosto

Mensual

Agosto/febreiro

A Coruña

434.745

427.181

429.795

2.614

- 4.950

Lugo

21.313

121.541

122.834

1.293

1.521

Ourense

102.218

101.666

102.579

913

361

Pontevedra

354.077

355.278

357.583

2.305

3.506

Total

1.012.353

1.005.668

1.012.793

7.125

440

Por un cambio de sistema

Diante deste contexto, dende a Secretaría de Emprego e Industria da CIG inciden na urxencia de derrogar a reforma laboral, pero tamén na necesidade de que como galegos e galegas teñamos capacidade para controlar os nosos recursos e poidamos desenvolver e aproveitar as nosas múltiples capacidades produtivas: enerxía, recursos minerais, riqueza forestal, sector primario, etc. “Temos que pechar os ciclos produtivos no país para poñer a economía ao servizo da maioría social, creando emprego de calidade que nos permita vivir dignamente na nosa terra”, sinala o secretario cofederal de Emprego e Industria, Fran Cartelle.

Nese senso, indica que é evidente que cando os nosos sectores produtivos están en mans de empresas privadas “estas adicanse a especular coa intención única de facer negocio, xerando precariedade e desigualdade”. Por iso entende que non só é preciso mudar as leis, senón que o obxectivo ten que ser cambiar o sistema económico e social.

“Con este Goberno español sumiso ao poder económico e cun Goberno galego que ademais de ser sumiso a ese poder é incapaz de ter un proxecto industrial e produtivo que revirta no país, o panorama de destrución de emprego e de precarización non fai máis que agudizarse”, remata.