A segunda xornada da folga indefinida convocada pola CIG na empresa Alonarti Envases do Porriño para rexeitar o despido dun afiliado da central tivo tamén un seguimento do 100% por parte dos traballadores/as de fábrica. Ao igual que onte, unicamente acudiu ao seu posto o persoal de administración, entre eles os dous delegados da UGT no comité de empresa.
Os empregados/as da compañía dedicada á fabricación de envases para a industria farmacéutica e cosmética - e que traballa para marcas como L'Oréal, Ferrer, Farmasierra, Neocos ou Lamarvi- permanecen concentrados dende primeira hora da mañá diante das instalacións situadas no polígono porriñés das Gándaras.
23 Mai 2026
19 Xul 2019
24 Xan 2017
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.