Reclaman a integración efectiva no emprego público do persoal das Fundacións de Investigación Sanitaria galegas
CIG-Saúde e os comités de empresa das Fundacións de investigacións sanitaria (FBGS e FIDIS) veñen de rexistrar formalmente a solicitude de varias materias relacionadas co futuro do seu persoal, ante o inmovilismo e falta de información por parte da Xunta de Galiza.
Segundo denuncia a CIG-Saúde, desde que a Xunta anunciara a integración do persoal relacionado coa investigación sanitaria como empregado público, non houbo ningún tipo de movemento nin información hacia este persoal, máis alá de limitar a sua actualización salarial impedíndolles aplicar a subida do IPC como o seu propio convenio indica.
Entre outras cuestións, CIG e comités de empresa solicitaron a relación de persoal afectado e o vínculo co que se integrarían na admisntración. Porén, denuncian, “a día de hoxe seguimos sen resposta”.
Xunto a isto lembran que queda pendente de acordar un tema tan importante como a estabilidade laboral. Neste sentido aseguran que “o persoal ligado á investigación leva soportado desde hai tempo unha incertidume no seu futuro que, co paso a adminstración pública, esta debe solucionar do mellor xeito posible cun acordo coas súas e os seus representantes”.
Demandas concretas
Por iso rexistraron formalmente as súas demandas:
- Unha solicitude de mediación (AGA) para acordar a aplicación do IPC na súa actualización salarial, como paso previo á via xurídica.
- A constitución dunha mesa de negociación dun convenio único das Fundacións dependentes da Conssellería de Sanidade, tanto as tres ligadas directamente a investigación (FPNS, FIDIS e FBGS) como da Fundación Xenómica, que a día de hoxe carece de convenio a pesar de telo solicitado dende fai case dous anos.
- A convocatoria dunha Mesa de Persoal da Administración Pública, onde se trate a integración deste persoal e o seu proceso de estabilización quedando reflexado de xeito formal nun acordo publicado.
Consideran que vai sendo hora de pasar da propaganda aos feitos, máis alá dos anuncios electorais da Xunta de Galicia.