Persoal de Ullastres, subcontrata de Fenosa, mobilízase contra os despidos e os incumprimentos do convenio
A mobilización ás portas da Ullastres -que se dedica á lectura e substitución de contadores para Fenosa e que conta cun cadro de persoal de 110 persoas- desenvolveuse esta mañá de 8.00 a 9.30 horas. Dende a CIG-Industria explicaron que a compañía vén de despedir a oito traballadores/as elegando baixa produción.
Ao mesmo tempo, denuncian que a dirección aplica unha política interna de discriminación entre o cadro de persoal, xa que pacta distintas condicións laborais cos empregados/as. Por exemplo, nuns casos contan con vehículo de empresa e noutros teñen que facer os desprazamentos no coche particular, tendo que pagar a quilometraxe. Diante disto, anuncian a convocatoria de novas protestas nas vindeiras semanas.