Persoal da sanidade privada reclama nas rúas que a patronal sente a negociar un convenio digno
O persoal traballador da sanidade privada de A Coruña, afectado polo convenio de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínica, saíu hoxe a rúa secundando o chamamento feito pola plataforma sindical de CIG, UGT e CCOO.
A manifestación transcorreu dende os hospitais A Esperanza e A Rosaleda, ambos pertencentes a empresa HM, que xunto con Quiron, Ribera Salud ou o H. San Rafael de A Coruña son as empresas que forman parte da asociación coas que a parte sindical está a negociar o convenio colectivo da provincia de A Coruña. Son estas empresas as que suspenderon dende o mes de outubro a negociación e, ao peche desta nota, seguen sen convocar aos sindicatos para retomar as negociación.
Todo isto a pesar do escrito enviado pola plataforma sindical a principios de semana instando a reanudalas, escrito que tamén se remitiu á Consellería de Sanidade para que esta medie, xa que gran parte da atención sanitaria estase derivando na actualidade a estes centros.
Durante o transcurso da manifestación empregáronse cantigas facendo referencia a perda do poder adquisitivo nos últimos, ou contra a intención da patronal de recortar dereitos no cobro da antigüidade ou das baixas médicas.
Ao finalizar a manifestación, diante do H. A Rosaleda, leuse un manifesto no que se fai referencia ao enorme negocio que fan coa saúde estas grandes empresas, pero que a pesar disto seguen negando unhas retribución dignas e xustas ás súas traballadoras. Moitas delas ingresan a final de mes cantidades inferiores aos 900 euros traballando 40 horas semanais, a xornada máis elevada dentro do sector sanitario.
Os sindicatos convocantes (CIG, UGT e CCOO) comunicaron que levaran a cabo máis accións reivindicativas se non hai unha convocatoria de reunión cunha clara intención de negociar por parte da patronal, anunciando tamén que xa se rexistrou unha nova convocatoria de folga para os dias 24 de xaneiro (folga parcial de 10H a 12H) e 7 de febreiro (folga xeral).