Os datos da EPA evidencian o avance da precariedade laboral, a pobreza e o desmantelamento industrial
Os datos da Enquisa de Poboación Activa publicados este xoves resultan desalentadores, ao poñer en evidencia o deterioro progresivo das condicións laborais e o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora, froito de anos de aplicación das regresivas reformas laborais e que a pandemia veu afondar. Mais tamén demostran o imparábel avance da crise industrial, que no último ano destruíu máis de 14.000 postos de traballo, nun sector tradicionalmente caracterizado por xerar emprego estábel e con mellores condicións.
Fronte ás declaracións entusiastas do Goberno, a CIG matiza que a mellora dos principais indicadores do mercado de traballo, tanto trimestral como anualmente, resulta lóxica cando estamos saíndo dunha crise sanitaria que paralizou parte da actividade económica. De feito, non hai que esquecer que no mesmo trimestre de 2020, a poboación estaba confinada e unha parte importante da actividade económica pechada. Algo similar ocorre se facemos a comparación co primeiro trimestre deste ano, no que houbo importantes restriccións a determinadas actividades, como por exemplo a hostalería.
Datos alarmantes para Galiza
Porén, a pesar deste contexto, a EPA deixa datos moi preocupantes para Galiza, cun mercado laboral asentado na precariedade, como evidencia o incremento no último ano do número de persoas asalariadas con contrato temporal (+11,5%) fronte ao descenso das traballadoras e traballadores que dispuñan dun contrato indefinido (-0,7%).
Os datos da EPA deixan ver ás claras tamén o avance da crise industrial, con especial incidencia no noso país, sumido no proceso de descarbonización e dixitalización da economía sen que haxa políticas para abordar unha transición real con alternativas de reindustrialización. Para a CIG, resulta alarmante a perda de emprego no sector industrial, pois no último ano destruíronse 14.700 postos de traballo, o que supón o 8% dos ocupados neste sector.
A isto hai que engadir o preocupante aumento da pobreza, xa que en tan só doce meses medrou en 3000 o número de fogares (con polo menos unha persoa activa) nas que todas as persoas son paradas.
|
Total |
Variación |
||||
P. ocupada |
Total |
Absoluta |
% |
Absoluta |
||
|
2020/II |
2021/I |
2021/II |
Interanual |
Intertrimestral |
|
Total |
1.050,40 |
1.059,80 |
1.076,70 |
26,30 |
2,5 |
16,90 |
Agricultura, gandaría, caza e silvicultura |
47,7 |
44,9 |
47 |
-0,70 |
-1,5 |
2,10 |
Pesca e acuicultura |
18,7 |
21,4 |
19,2 |
0,50 |
2,7 |
-2,20 |
Industria |
183,5 |
168,5 |
168,8 |
-14,70 |
-8,0 |
0,30 |
Construción |
71,9 |
70,2 |
78,2 |
6,30 |
8,8 |
8,00 |
Servizos |
728,6 |
754,8 |
763,5 |
34,90 |
4,8 |
8,70 |
Fonte: INE.EPA
Persoas asalariadas por tipo de contrato
|
Total |
Variación |
||||
|
2020/II |
2021/I |
2021/II |
Absoluta |
% |
Absoluta |
|
Total |
Total |
Total |
Interanual |
Intertrimestral |
|
Total |
850 |
851,8 |
867 |
17,00 |
2,0 |
15,20 |
Contrato indefinido |
662 |
653 |
657,4 |
-4,60 |
-0,7 |
4,40 |
Contrato temporal |
188 |
198,8 |
209,6 |
21,60 |
11,5 |
10,80 |
Fonte: INE.EPA
Principais variables.
|
|
|
|
Variación |
||
|
Total |
Absoluta |
% |
Absoluta |
||
|
2020/II |
2021/I |
2021/II |
Interanual |
Intertrimestral |
|
Galiza |
|
|
|
|
|
|
Total |
2.338,80 |
2.341,30 |
2.340,50 |
1,70 |
0,1 |
-0,80 |
Activos |
1.192,90 |
1.218,10 |
1.229,10 |
36,20 |
3,0 |
11,00 |
Poboación ocupada |
1.050,40 |
1.059,80 |
1.076,70 |
26,30 |
2,5 |
16,90 |
Poboación parada |
142,5 |
158,3 |
152,4 |
9,90 |
6,9 |
-5,90 |
Poboación inactiva |
1.145,90 |
1.123,20 |
1.111,40 |
-34,50 |
-3,0 |
-11,80 |
Precísase derrogar as reformas
Ante a contundencia dos datos da EPA, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apela á necesidade e á urxencia de derrogar a reforma laboral para poder encetar a creación de emprego en condicións dignas e a recuperación dos dereitos roubados, máxime cando xa se anuncian duras e severas medidas como requisito para acceder aos fondos de recuperación da UE (recortes nas pensións públicas, privatizacións de servizos públicos, reforma fiscal etc.).
Neste contexto, Carril reclama tamén a posta en marcha inmediata dun plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego, no que a intervención pública ten que ser fundamental, e que concentre todos os recursos públicos, "como única vía que permitirá un mínimo desenvolvemento económico e social xusto que garanta o dereito a poder vivir e traballar dignamente na nosa terra".