O Sergas deixa sen cobertura médica o PAC que atende os concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso
A CIG-Saúde de Valdeorras denuncia que no día de onte o Sergas deixou sen cobertura médica o PAC que atende os concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, e o da Veiga a partir das 22:00 horas.
A decisión deixou máis de 4000 habitantes do rural galego espallados por máis de 700 quilómetros cadrados de territorio de montaña sen atención médica durante a noite, e máis de 3000 habitantes espallados por case 550 quilómetros cadrados permaneceron un día completo sen atención médica nas localidades de Viana e Vilariño.
Dende a central sindical sinalan que actitude de “desprezo” da Administración pública actual “coa poboación e co territorio está en límites nunca vistos”.
En consecuencia, continuará a enfrontar esta política sanitaria e reclámanlle á veciñanza e aos grupos políticos que que exerzan a “máxima presión” sobre a Administración sanitaria, “exercendo os seu dereito a reclamar por escrito, e a denunciar de ser o caso”.