Vigo urxe a “reconstrución” da área sanitaria nunha manifestación contra o deterioro da sanidade pública

Vigo -
A mobilización, convocada por SOS Sanidade Pública, percorreu as rúas da cidade denunciar as listas de agarda, a falta de profesionais e o aumento das derivacións á sanidade privada

SOS Sanidade Pública de Vigo chama a mobilizarse este mércores 4 para seguir esixindo ‘Reconstruír a área sanitaria’

Vigo -
Convoca unha manifestación dende a Praza dos Cabalos ás 19:00 horas ante o incremento das listas de agarda, a falta de persoal e os peches de camas

Mobilízanse en Compostela contra a participación da Asociación Israelí de Médicos de Familia no congreso da EGPRN

Nacional -
Sanidade Galega con Palestina denuncia a normalización das institucións israelís nos espazos científicos europeos e reclama o boicote académico á IAFP e aos seus representantes oficiais

A bisbarra de Valdeorras bótase á rúa en defensa da sanidade pública

O Barco -
Milleiros de persoas participaron na manifestación contra o desmantelamento do hospital comarcal celebrada o sábado no Barco

A CIG chama a participar na manifestación deste sábado 17 en defensa da sanidade pública de Valdeorras

O Barco -
A marcha que terá lugar no Barco contra o desmantelamento do hospital comarcal arrincará as 17:30 horas

SOS Sanidade reclama unha Unidade de Grandes Queimados en Vigo para atender a poboación do sur de Galiza

Vigo -
A plataforma denuncia a perda deste servizo de alta especialización e advirte de que os pacientes máis graves terán que desprazarse á Coruña nun momento crítico para a súa supervivencia

A CIG-Saúde denuncia deficiencias no servizo de pediatría da área de Pontevedra-O Salnés

Pontevedra/O Salnés -
Acusa a Xerencia de mentir cando di que as prazas están cubertas por pediatras, xa que nalgúns casos é persoal médico de familia cun curso de puericultura

Alertan de que a Xerencia da área sanitaria de Vigo segue a contratar persoal médico sen especialidade para atención urxente nos PAC

Vigo -
A CIG-Saúde insiste en reclamar profesionais coa formación necesaria e demanda información sobre as funcións desenvolvidas por este persoal

A CIG-Saúde denuncia que o servizo de Urxencias do CHUS volveu estar saturado

Compostela -
A falta de cadeiras de rodas e padiolas provocou este luns bloqueos na entrada e esperas de preto dunha hora

A CIG alerta dun novo colapso nas Urxencias do CHUAC e esixe a apertura de camas

A Coruña -
Denuncia que a Xerencia mantén 180 camas pechadas, coas Urxencias saturadas e a Atención Primaria “baixo mínimos”

A CIG-Saúde denuncia que Quirón continúa a desmantelar o Instituto Policlínico Santa Teresa da Coruña

A Coruña -
A externalización do servizo de Rehabilitación e Fisioterapia deixa 11 persoas traballadoras na incerteza a escasas horas de facerse efectiva a subrogación

Advirten do abandono da Atención Primaria no Barbanza: menos persoal ca nunca para atender unha poboación que se multiplica no verán

O Barbanza -
A CIG-Saúde esixe a cobertura inmediata das vacacións, o reforzo extraordinario dos cadros e o cese dos peches encubertos

A CIG-Saúde denuncia na Inspección de Traballo as altas temperaturas nos centros sanitarios da área da Coruña e Cee

A Coruña -
Reclama a adopción de medidas eficaces para rematar de xeito urxente con esta problemática