O emprego en Galiza non consegue recuperar os niveis previos á pandemia

A CIG demanda unha saida galega xusta á crise
Nacional - 05 Mai 2021

Os datos de paro rexistrado no mes de abril en Galiza evidencian por unha banda, que aínda non se recuperou o emprego aos niveis previos á pandemia, que tal e como viñamos denunciando,  o colectivo máis castigado foron as mulleres e que, máis alá das consecuencias que tivo no sector Servizos, polo peche de actividade decretada como medida para previr os contaxios da COVID-19, durante este período destruíuse emprego na Industria.

Así as cousas, o mes de abril rematou en Galiza cun total de 170.778 persoas desempregadas, 9.941 menos que no mes anterior (-5,5%). Un descenso relacionado co aumento de contratación estacional coincidindo coa Semana Santa. Con respecto a abril de 2020, como cabería esperar por ser o mes no que estabamos en pleno confinamento, hai 20.851 persoas desempregadas menos (-10,88%).

Porén non se consegue recuperar a situación porque con respecto a febreiro de 2020, último mes antes de que se decretara o estado de alarma, no que había 166.229 persoas desempregadas, aínda hai 4.549 parados e paradas máis.

Canto o número de contratos, asináronse 65.622, dos que 58.159 foron temporais, o 88,62%, co cal o mercado laboral galego segue a manter uns elevados niveis de temporalidade.

 

2020

2021

Evolución

 
 

Febreiro

Marzo

Abril

Mensual

Abril2021/

febreiro2020

A Coruña

             66.516  

           72.176  

             68.535  

-         3.641  

           2.019  

Lugo

             16.265  

           18.088  

             17.002  

-         1.086  

               737  

Ourense

             18.397  

           20.265  

             19.121  

-         1.144  

               724  

Pontevedra

             65.051  

           70.190  

             66.120  

-         4.070  

           1.069  

Total

           166.229  

         180.719  

          170.778  

-         9.941  

           4.549  

As mulleres, as máis castigadas

Os datos son tremendamente elocuentes se comparamos por sexos o paro rexistrado no mes pasado, con respecto ao último pre-pandemia, febreiro de 2020. Daquela había 71.438 homes desempregados demandantes de emprego e 94.791 mulleres.

Porén o mes pasado había 71.971 homes desempregados e 98.807 mulleres (-4.016). Isto constata que, como a CIG viña denunciando, as mulleres foron as máis castigadas pola pandemia, porque estaban empregadas maioritariamente no sector Servizos, temporais e precarias. Un sector que foi, á súa vez, o máis afectado polas restricións aplicadas para evitar os contaxios.

 

               2.020  

                                            2.021  

Evolución

 

Sexo

Febreiro

Marzo

abril

Mensual

Abril2021/febreiro2020

Homes

             71.438  

           76.869  

             71.971  

-         4.898  

               533  

Mulleres

             94.791  

         103.850  

             98.807  

-         5.043  

           4.016  

 

Desmantelamento industria

Tamén é significativa a diferenza entre os distintos sectores. En Servizos había en febreiro de 2020 114.987 persoas desempregadas e en abril deste ano 120.566, un total de 5.579 máis neste último mes.  Aínda así, e sendo este dato preocupante, máis o é a diferenza en Industria, onde había en 2020 un total de 18.297 persoas desempregadas, cando agora hai 19.520, un total de 1.223.

Isto é tanto máis grave, canto que no caso do sector Servizos, e nomeadamente na Hostalería, houbo unhas medidas restritivas que poderían explicar a situación. Sen embargo, no caso de Industria, que mantivo a súa actividade, correspóndese con destrución de emprego, pura e dura.

Sectores

2020

2021

Evolución

 
 

Febreiro

Marzo

Abril

Mensual

Abril2021/febreiro2020

S primario

6029

6384

5916

-             468  

-113

Industria

             18.297  

           19.975  

             19.520  

-             455  

           1.223  

Construción

             13.613  

           13.345  

             12.574  

-             771  

-         1.039  

Servizos

           114.987  

         127.405  

          120.566  

-         6.839  

           5.579  

Sen emprego anterior

             13.303  

           13.610  

             12.202  

-         1.408  

-         1.101  

Os datos confirman, para Fran Cartelle “a profundidade da crise derivada da pandemia, mais tamén a profundidade da crise que arrastrabamos antes dela”. Ademais a perda de emprego no sector industrial, cando até o de agora o sector Servizos era o máis afectado por mor das restricións, pon de manifesto, ao seu entender, as graves consecuencias que está a ter o proceso da chamada dixitalización e descarbonización co conseguinte desmantelamento do sector e destrución de postos de traballo”.

Por iso o secretario confederal de Emprego denuncia as “inxustas políticas que están adoptando os gobernos á hora de xestionar esta crise”, nomeadamente a solución dos ERTE, “porque as empresas poden combinar outros instrumentos da reforma laboral”. E chama a atención sobre a situación de “desamparo” na que se atopa o persoal temporal que quedou fóra xa ao principio da crise sanitaria e non se puido beneficiar nin dos ERTE, nin das medidas de protección social aprobadas neste período.

Derrogación das reformas laborais

Por iso exixe non só a derrogación das reformas laborais senón tamén “políticas públicas que garantan unhas condicións de vida dignas para as traballadoras e traballadores” que tan mal o están pasando.

Ademais demanda a intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos; unha transición enerxética xusta, o reforzo dos sectores estratéxicos, a posta en marcha dun plan de conciliación e que se fixe por lei o SMI do 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, coa supresión do IPREM. Isto xunto co establecemento dunha renda de inserción laboral e social da contía do SMI e a prohibición dos ERES, ERTEs, modificacións de condicións… “sen previa autorización administrativa e acordo co persoal”, ademais da eliminación das ETTS, as empresas multiservizos, a figura de falsos/as autónomos/as ou a subcontratación en cadea”.

Afiliación á Seguridade Social

Tampouco se recuperan os niveis de afiliación á Seguridade Social previos á pandemia e se comparamos o número de persoas afiliadas no pasado mes de abril, co número das afiliadas en febreiro de 2020, vemos como hai 12.614 persoas menos.

Afiliación á SS

2020

2021

Evolución

 
 

Febreiro

marzo

Abril

Mensual

Abril2021/febreiro2020

A coruña

           434.745  

         428.803  

          430.096  

           1.293  

-         4.649  

Lugo

           121.313  

         119.205  

          119.240  

                 35  

-         2.073  

Ourense

           102.218  

         100.516  

          100.548  

                 32  

-         1.670  

Pontevedra

           354.077  

         350.208  

          349.855  

-             353  

-         4.222  

Total

       1.012.353  

         998.733  

          999.739  

           1.006  

-       12.614