O Comité Intercentros da CRTVG apoia a manifestación “En defensa do noso Mar”
O Comité Intercentros da Corporación Radio Televisión de Galicia, en protesta pola manipulación informativa da cobertura que os medios públicos están facendo da vertedura de granulados, apoia a manifestación “EN DEFENSA DO NOSO MAR” que este domingo 21 de xaneiro partirá ás 12:00 h da Alameda de Compostela.
Queremos informar, non manipular
O comité, que participará nesta mobilización cunha faixa propia co lema QUEREMOS INFORMAR, NON MANIPULAR!, chama a todo o persoal da CRTVG a secundar esta manifestación, para seguir sumando esforzos na defensa dos medios públicos.
O persoal dos medios públicos galegos xa se mobilizou o pasado día 11 de xaneiro na CRTVG para denunciar a manipulación, con pancartas e coreando consignas en demanda da dimisión do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo.