Doentes agardan no servizo de urxencias do HULA polo seu ingreso por falta de camas no hospital
Segundo sinala a CIG-Saúde de Lugo, este mesmo mércores permanecían 5 doentes nesta situación, “xa que non quedaba ningunha cama dispoñible en todo o hospital e o servizo de observacion estaba cheo”.
Explican que esta situación “repítese a cotío” e lembran que o mércores da semana pasada quedaron de novo dez doentes en camas hospitalarias o que levou á Xunta de Persoal, a petición da CIG, a enviar un escrito á Xerencia pedindo explicacións e preguntando polos criterios de apertura de camas que se vai seguir, sobre todo tendo en conta esta situación.
“Non pode ser que teñamos os doentes nos pasillos e nos boxes esperando a ser ingresados. Unha vez máis o servizo de urxencias convértese en planta de ingreso, xa que as e os doentes son atendidos polo mesmo persoal que atende as urxencias provocando una saturación no servizo, mentres o hospital permanece con camas perfectamente viábeis pero inoperativas”.