Convocada unha marcha pola dignidade do sector de Seguridade Privada en Compostela
A CIG convoca para o vindeiro martes, día 27 de setembro, ás 10:30 horas, unha concentración do sector de Seguridade Privada, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza (Rúa Anxel Casal), en Compostela. Posteriormente, sairán en manifestación cara a praza do Obradoiro. O sector demanda a negociación dun convenio colectivo que dignifique as súas condicións laborais e garanta a recuperación do poder adquisitivo perdido.
A CIG considera inaceptábel a proposta da patronal –APROSER e ASECOPS- que pretende limitar os incrementos salariais ao 2,5% e 2023; 3% en 2024 e 3,5% en 2025. Fronte a isto a CIG reclama na súa proposta á patronal a recuperación económica, tendo en conta a inflación; avance social e en dereitos e a dignificacións do sector e das súas/seus profesionais.
Neste sentido o representante da CIG na mesa de negociación, Pedro Pérez, reclama a equiparación á alza do plus de perigosidade, porque “é unha grave discriminación que se debe corrixir”. Xunto a isto demanda que se resolvan os graves problemas que hai coa conciliación da vida laboral e familiar xa que “unha grande parte da xornada se fai en horario nocturno e en fins de semana e festivos, o que non se ve compensado economicamente e cómpre corrixir tomando como referencia outros sectores”, apunta Pérez.
Outra das prioridades é a diminución da xornada anual e a recuperación daqueles conceptos que se viron minorados en negociacións anteriores, así como garantir unha saída digna ao persoal con idade avanzada. Ademais de facer atractivo o sector para a incorporación de novos profesionais. Por isto, as principais propostas nas que se sustenta a plataforma defendida pola CIG son:
- Vixencia: 2 anos con cláusula de ultraactividade con revisión salarial
- Incremento de porcentaxes na estabilidade do emprego con cómputos provinciais para unha maior fiscalización e control no seu cumprimento.
- Nova redacción do artigo 25 recoñecemento médico.
- Ampliación do artigo 26 para dar maior cobertura aos traballadores especialmente sensibles.
- Promoción automática dos niveis funcionais de oficiais.
- Nova redacción no artigo 36 de mobilidade funcional e 37 escalafones, ascensos e provisión de vacantes.
- Creación de novos plus como: Desa, Utilización de vehículo e Idiomas, para adaptarse á nova realidade, esixíndose unha maior profesionalización e formación, tendo isto que ser compensado.
- Complemento de antigüidade revalorizábel.
- Equiparación á alza do plus de perigosidade dos Vixiantes de seguridade de Vixilancia na vixencia deste convenio.
- Plus de traballo nocturno e plus de fin de semana e festivos, do 25% do valor de hora ordinaria sobre o salario basee por 15 pagas, respectivamente. O plus de fin de semana e festivos amplíase aos grupos funcionais de Persoal Operativo B) Non habilitados, Persoal Mecánica-electrónica, Oficios varios e Subalterno.
- Nova redacción e contía dos Plus de Nadal, fin de Ano e Aninovo.
- Recuperación en quince pagas dos Plus de Vestiarios e Transporte.
- Incremento salarial do 4,5% en cada un dos anos de vixencia en todos os conceptos salariais, salvo os expresados especificamente na proposta entregada. Naquelas categorías que o salario basee sexa inferior ao SMI, terase que respectar este como salario base. Cláusula de revisión salarial del IPC en de que este fose superior al incremento pactado para cada uno de los años, con efecto retroactivo a 1 de xaneiro.
- Incrementar contías nas coberturas da Póliza de responsabilidade Civil e axudas a fillos e cónxuxe discapacitados.
- Complemento do 100% en calquera dos supostos de IT.
- Redución da xornada a 1.760 horas anuais, a razón de 160 mensuais con nova redacción.
- Co ánimo de reducir a realización de horas extras no sector, estas terán unha recarga do 75% cando se realicen de luns a venres, e do 150% a realizadas en fin de semana, festivos e en período nocturno.
- Ampliación de licencias, por hospitalización, enfermidade grave ou intervención cirúrxica. 3 días de asuntos propios remunerados. Licenza para acompañamento de fillos menores de 12 anos a consultorio médico, e para acompañamento de cónxuxe a exames prenatais e técnicas de preparación do parto, 1 día por falecemento de familiares de 3º grado.
- Modificación redacción artigo 58 Lugar de Traballo.
- Melloras económicas nos desprazamentos e nos importes das dietas.
- Melloras nos traslados
- Reserva do posto de traballo de dous anos nas excedencias voluntarias.
- Compromiso da negociación dun Convenio Galego.