Chégase a un preacordo no sector de transporte de viaxeiras/os que será levado hoxe mesmo ás asembleas
Sindicatos e patronal do sector de transporte de viaxeiras/os chegaron a primeira hora desta tarde a un preacordo polo que se desconvocará a folga indefinida que daría comezo este luns, se as traballadoras e traballadores ratifican o pactado nas asembleas que terán lugar hoxe mesmo.
A xuntanza, celebrada coa mediación do Consello Galego de Relacións laborais, iniciouse ás doce horas e prorrogouse até pasadas as tres. “Outra xornada intensa” de negociación na que se conseguiu chegar a un preacordo, no aspecto económico, que finalmente se substancia nun incremento salarial do 12,2% para o ano 2023 e o IPC deste ano, para o 2024, que atinxe ao persoal de toda Galiza.
Así o explica o responsábel do sector de Transporte da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza, quen indica que continúa, en todo caso, aberta a Mesa Galega para abordar o resto de cuestións pendentes “se as traballadoras e traballadores consideran que este primeiro paso, no plano económico, é aceptábel”. Unha cuestión que considera de especial importancia porque “quedan moitos flecos aínda”.