A EPA confirma o avance imparable do desmantelamento do Estado do Benestar

A CIG alerta do preocupante descenso do emprego en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais
Nacional - 27 Out 2022

Xacobeo e bo tempo foi a combinación perfecta para que descendera o desemprego e se incrementara a poboación ocupada en Galiza. Unha ocupación que se deu, porén, en sectores como Hostalería e Comercio mentres que descendía en Ensino, Educación e Servizos Sociais. Así as cousas, o secretario confederal de Emprego, Francisco González Sío, advirte do perigo do desmantelamento do Estado do Benestar, ao tempo que se incrementa o emprego precario, nun contexto de medre descontrolado da carestía da vida.

Os datos da EPA do terceiro trimestre, que se corresponden co período estival,  confirman a cada vez maior dependencia da economía galega do turismo, a crise instalada nos sectores produtivos e o desleixo da Xunta con aqueles sectores que máis poden funcionar como escudo social nun momento tan crítico como este, onde a suba da inflación está a abocar á clase traballadora á pobreza.

Así o asegura González Sío quen apunta que o feito de que Hostalería e Comercio sexan os sectores onde máis emprego se crea “é a mostra clara do feble que é o emprego xerado e do aumento da precariedade, xa que estes sectores son os que teñen as peores condicións salariais e laborais”.  Mais tamén é, ao seu entender, a mostra clara “da necesidade doutro modelo económico onde se xere traballo digno e con dereitos”.

Poboación ocupada por ramas de actividade

 

Total

Variación

 
 

2022/II

2022/III

Absoluta

%

Total

1.105,20

1.113,80

8,6

0,8

Agricultura, gan

44,4

50,5

6,1

13,7

Pesca e acuicltura

20

18,5

-1,5

-7,5

Ind extractivas

3,4

3,2

-0,2

-5,9

Indmanufactureira

157,1

159,1

2,0

1,3

Enerxía, subm..

7,9

7,3

-0,6

-7,6

Construción

73,8

75,1

1,3

1,8

Comercio

174,7

180,4

5,7

3,3

Transporte

54,9

55,7

0,8

1,5

Hostalaria

67,7

74,4

6,7

9,9

Act información, financeiras, inmob

171,2

164,5

-6,7

-3,9

Administración pública

67,2

70,7

3,5

5,2

Educación

72,4

70,4

-2,0

-2,8

Acts sanitarias e de servizossoc

110,5

106,2

-4,3

-3,9

Resto de servizos

80,1

77,8

-2,3

-2,9

Fonte: EPA.INE

González Sío recoñece a aparente tendencia positiva favorecida pola entrada enorme de turistas no noso país. Advirte dos cativos incrementos no sector Industrial e na Construción pero, sobre todo, alerta do importante descenso da ocupación en sectores como Saúde, Ensino e Servizos Sociais. “Isto dá unha idea do desmantelamento continuo do Estado do Benestar”, “a cuestión máis importante a destacar dos datos” e tamén a máis preocupante.

Incremento de contratos fixos descontinuos

Respecto dos contratos, o secretario confederal de Emprego apunta que na contratación indefinida teñen cada vez máis peso os contratos fixos descontinuos. “A EPA non facilita os existentes no sector público, o que impide facer unha valoración precisa”, explica, “”pero tan só no sector privado estímanse 19.400 neste último trimestre, mentres que foron 17.700 no anterior”.

Respecto desta modalidade de contratación apunta que “permite explotar mellor á patronal, sobre todo en sectores onde teñan pouca representación sindical” e maquillar os datos do paro, porque as persoas contratadas baixo esta modalidade non figuran como desempregadas aínda que non estean traballando.

Por iso reitera a exixencia da CIG de que se “derrogue a reforma laboral”; se redefina o modelo económico, apoiando decididamente os nosos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego con salarios e condicións dignas e se reforcen os servizos sociais públicos, máis nun contexto de crise como o actual.