A CIG exixe á mesa negociadora do convenio de COREGAL que garanta unhas condicións laborais dignas

É un convenio estatal que se está negociando en Madrid sen a participación do sindicato nacionalista
Nacional - 02 Xun 2025

A CIG reclama aos representantes da patronal e dos sindicatos estatais que negocian o conveno colectivo de recuperación e reciclado de residuos e materias primas secundarias que é de aplicación ao persoal de COREGAL, que traballen para garantir unha mellora substancial das condicións laborais e salariais.

Entre outras cuestións a CIG demanda a inclusión nas táboas salariais dun plus de penosidade, toxicidade e perigosidade así como que a antigüidade sexa devengada por trienios e sen topes.

A central sindical, en varias xuntanzas coa empresa, xa ten demandado a inclusión destas melloras atopando sempre a negativa como resposta. Ademais CCOO e UGT asinaron hai uns meses un preacordo coa empresa que a CIG non asinou porque non contou co apoio maioritario do persoal. Acordo que implica que se o persoal quere mellorar as súas condicións laborais ten que traballar festivos, fins de semana e noites.