A CIG-Ensino entrega 558 sinaturas das traballadoras/es das escolas infantís de 0-3 anos
Delegadas/os da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, por seguir afondando na precariedade laboral, e reivindicar un convenio galego como única vía de mellora laboral.
Despois das mobilizacións do Primeiro de Maio no que a CIG-Ensino saíu á rúa, en todas as cidades galegas, denunciando a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, este martes 21 de maio as delegadas/os das escolas infantís de 0-3 anos volveron saír en Santiago, diante da Confederación de Empresarios de Galiza.
No decurso da mobilización demandaron a retirada da sinatura, o próximo 22 de maio, do XII Convenio Estatal de Infantil por seguir afondando na precariedade laboral e salarial e por ser rexeitado maioritariamente polas traballadoras/es do sector. Ademais reivindicáronlle á patronal galega abrir negociacións por un Convenio Galego como única vía posible de lograr melloras laborais e salariais que dignifiquen o seu traballo.
Contra o convenio estatal
Logo da concentración fíxose entrega por rexistro, na propia Confederación de Empresarios, de 558 sinaturas de traballadoras e traballadores que supoñen o 67% das 111 escolas visitadas dende o 2 de maio, nas que denunciaban o seguinte:
1.- Que non se está a ter en conta no convenio estatal as reivindicacións laborais propias dos traballadores e traballadoras galegas, limitando a capacidade de influír na negociación.
2.- Que as condicións que sofren os traballadores e traballadoras dos centros galegos afectados polo XI convenio colectivo estatal de Infantil son precarias e que se manterían de asinarse o XII convenio nos termos acordados. Esta precariedade só pode conducir a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora dos seus recursos materiais e humanos, no canto de centrarse en criterios mercantilistas.
3.- Que rexeitamos a sinatura do XII convenio estatal nos termos acadados o 25 de abril, cada vez máis lesivo para os dereitos laborais e salariais dos traballadores/as que impiden que poidan, estes últimos, realizar dun xeito digno o seu labor, resultando incluso discriminatorio coas categorías. Demandamos que non se leve a cabo esta sinatura do XII Convenio mañá 22 de maio e se negocie cara un acordo que recolla unhas verdadeiras melloras laborais e salariais que rematen nun CONVENIO DIGNO E XUSTO.
4.- Que demandamos que se inicien negociacións, entre patronais e sindicatos galegos, que nos permitan acadar un CONVENIO GALEGO que mellore substancialmente as condicións recollidas no convenio estatal, non só acercando a negociación ás traballadoras/es galegos, senón que poidan ser os verdadeiros protagonistas coas súas decisións e así dignificar as súas condicións laborais e salariais.
5.- Que estamos dispostas e dispostos a comezar un proceso de mobilizacións para exixir o cumprimento destas demandas, non desbotando a convocatoria de folga no sector de ser preciso.
Esta entrega de sinaturas tamén se levará a cabo diante da Mesa de Negociación do convenio en Madrid mañá mércores 22, para denunciar e amosar o rexeitamento xeneralizado das traballadoras/es galegas á sinatura do XII convenio estatal de infantil, freando a mesma e para que se negocien unhas melloras laborais e salariais acordes co traballo a realizar, á responsabilidade e ás exixencias e formación que cada vez se están a requirir no sector.
Cómpre ter en conta que tras sete anos de conxelación salarial a única proposta de suba, fóra da aplicación da lexislación estatal do novo salario mínimo interprofesional aprobada polo goberno para todos/as os/as traballadores/as, foi pasar de 925€ a 930€ comezando a pagalos dende o mes seguinte á data de sinatura do convenio, que será o 1 de xuño, e unha cláusula para que se convoque a mesa negociadora se hai modificacións no SMI para adaptar as táboas salariais ao mesmo. Non houbo ningunha mellora laboral en temas de permisos e xornada, continuando esta en 38 horas lectivas semanais, sen tempo para poder facer a programación en horario de presenza nos centros.
PROPOSTA TÁBOAS XERAIS:
Para os anos 2016, 2017 e 2018 mantemento dos salarios, é dicir, conxelación.
|
MESTRES/AS TITULADOS/As |
EDUCADORES/AS |
RESTO PERSOAL |
ANO 2019 |
Suba do 2% dende 1 de xuño |
930€ dende 1 de xuño (5% suba co C.E. incluído) |
900€ dende 1 de xuño |
ANO 2020 |
Suba do 2% dende setembro |
||
ANO 2021 |
Suba do 1% dende setembro(revisable co IPC) |
PROPOSTA TÁBOAS XESTIÓN INDIRECTA:
|
MESTRES/AS TITULADOS/AS (grupo cotización 2) |
EDUCADORES/AS ( grupo cotización 4) |
RESTO PERSOAL (grupo cotización 6) |
|
ANO 2019 |
Suba do 1,5% (pregos en vigor ou con prórroga) ………………………………………………
Suba do 3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
910€ (pregos en vigor ou con prórroga) C.E. incluído. …………………………………………………………………..
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído.
Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
900€ (pregos en vigor ou con prórroga) …………………………………….
950€ (novos pregos licitados dende 1/01/19)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos |
|
ANO 2020 |
Suba do 1,5% dende setembro (pregos en vigor ou con prórroga)
|
|||
3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende 1/01/2020
|
1.100€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído Dende setembro |
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende setembro |
||
ANO 2021
|
IPC ano anterior cun mínimo do 2% de suba. Dende setembro |
1.122€ (para todo tipo de pregos) C.E. incluído Dende setembro |
1020 € (para todo tipo de pregos)
Dende setembro |
|
A partir de setembro de 2021, o grupo mestras/es igualarán salarios cos novos pregos dende 1/01/2019.