Xustiza para Pintos. Asina a petición de indulto

Podes asinar nos pregos que hai nos locais da CIG ou a través do formulario online
Ferrol - 27 Set 2022

Durante o mes de outubro a CIG presentará a solicitude formal de indulto para o compañeiro Xesús Anxo López Pintos. A petición ao Goberno español estará acompañada das sinaturas recollidas ao longo destes meses en apoio á solicitude de indulto e que se faga xustiza co exsecretario comarcal da CIG de Ferrol.

Se aínda non asinaches, podes facelo nos pregos que atoparás en calquera dos locais da CIG ou a través do formulario web ao que podes acceder nesta ligazón:  https://www.cig.gal/pintos-indulto-xa.html

Aínda que a Audiencia Provincial acordou a suspensión da pena, cómpre que se faga xustiza co compañeiro Pintos retirándolle na súa totalidade a condena, e iso pasa porque o Goberno español lle conceda o indulto.

Non se pode esquecer que o proceso ao que se tivo que enfrontar Pintos constitúe un escarmento á loita sindical e á reposta social que non podemos permitir e que non se pode separar da posta en marcha da propia Lei Mordaza, da que continuamos a reclamar a súa derrogación inmediata.

Xustiza para Pintos! Defender os dereitos non é delito!

CONSULTA AQUI AS NOVAS RELACIONADAS