Xubiladas/os e Pensionistas da CIG chaman a mobilizarse en defensa dunhas pensións dignas

Convocan concentracións nas sete cidades para o vindeiro xoves, día 10 de outubro
Nacional - 08 Out 2024

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG convoca para este xoves día 10 de outubro concentracións nas cidades galegas en demanda dun sistema público de pensións forte que permita que “calquera pensionista teña unha pensión que lle permita vivir con dignidade e sen penurias”.

Lembran que en Galiza temos as segundas pensións máis baixas de todo o Estado; que a pensión media é case 15 puntos menor que a contía medida estatal, en concreto 173 euros menos ao mes e que a provincia coa pensión máis baixa do Estado é Ourense.

Por iso entenden que é imprescindíbel saír á rúa a reclamar unhas pensións públicas dignas.

MOBILIZACIÓNS

A CORUÑA.- 11:00 horas, diante do INSS (Catro Camiños)

COMPOSTELA.- 12:00 horas, Praza do Toural

FERROL.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Catalunya)

LUGO.- 12:00 horas, Praza Maior, diante do Concello

OURENSE.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Concello)

VIGO.- 11:00 horas, diante do Mercado do Calvario

PONTEVEDRA.- 11.30 horas, Praza da Peregrina


Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos.
Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.