Xubiladas e pensionistas da CIG mobilizaranse este xoves, día 7 de abril, en defensa das pensións públicas

Rexeitan as políticas económicas e sociais que empobrecen e precarizan as súas vidas
Nacional - 06 Abr 2022

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizarase mañá xoves, día 7 de abril, en todas as cidades galegas en defensa das pensións públicas, para denunciar que por mor da reforma das pensións, dos abusos da banca, da falta dun servizo público de atención ás persoas e das deficiencias da sanidade pública que dificultan garantir unha atención sanitaria digna, as súas vidas están cada vez máis empobrecidas e precarizadas.

Por iso, desta volta, moitas das concentracións convocadas están previstas diante de hospitais ou edificios de Sanidade, para reclamar unha atención digna ás persoas, sobre todo nos momentos máis vulnerábeis e demandar unha atención sanitaria o mellor posible, prestada desde unha sanidade pública forte, con persoal e infraestruturas suficientes e adecuadas.

Mobilizacións

Vigo:  11h, Porta principal Hospital Álvaro Cunqueiro

Compostela: 11h, Porta principal Hospital Clínico Santiago

Ourense: 11h, diante do INSS

Lugo: 11:30h, diante da Xefatura Provincial de Sanidade (Rúa Montevideo)

Ferrol: 11:30h, Hospital Arquitecto Marcide

Pontevedra:  11h, Praza da Peregrina

A Coruña: 11h, Subdelegación do Goberno