Xosé Manuel Gil Ramos, elixido novo responsábel do sector da Administración estatal
Xosé Manuel Gil Ramos foi elixido novo responsábel do sector da Administración estatal pola VIII Asemblea nacional celebrada o pasado sábado día 7. No proceso, ao concorreu unha única candidatura de consenso, renovouse tamén a Executiva e a Dirección nacional do sector e escolléronse os representantes na Dirección nacional da CIG-Administración.
Executiva nacional do sector da Administración estatal
1. Xosé Manuel Gil Ramos.
2. Xulio C. Iglesias Corchero.
3. Antonio Otero Rodríguez.
4. Ana I. López Bogo.
Na asemblea celebrada en Santiago aprobouse tamén, sen votos en contra, o regulamento que rexerá o sector durante os vindeiros catro anos e escolleuse a Rubén Méndez Amor como o representante do sector na Dirección nacional federal.
Na súa intervención o novo secretario se sector, tras agradecer o traballo ao secretario saínte, fixo un chamamento a facer unha práctica sindical afastada do corporativismo, reafirmando o seu compromiso cun sindicalismo de clase, nacionalista e combativo.
O acto rematou coa intervención do secretario nacional federal, Luís Carballo, quen achegou en nome da federación o seu compromiso de apoio e colaboración.
Dirección nacional do sector
1. Xesús Manuel Fernández Jácome.
2. Cristina Represas Romero.
3. Henrique García Outeiral.
4. Ana Santomé Santos.
5. Elisa Rodríguez Vázquez.
6. Antonio Baliño Vázquez.
7. Xaime Rey Vázquez.