Xornada técnica da CIG no Salón da Prevención e Seguridade Laboral de Ourense: a minería a debate

A central abordou as repercusións económicas, laborais e medioambientais desta actividade
Ourense - 13 Mar 2025

Un ano máis a CIG de Ourense desenvolveu unha xornada de análise e debate no marco do Salón da Prevención e Seguridade e Laboral (Previsel), nesta ocasión centrada nas repercusións económicas, laborais e medioambientais da minería.

No encontro celebrado onte nas instalacións de Expourense participaron como relatores/as o xeólogo e ecoloxista Fins Eirexas, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montres (ORGACCMM); e Carlos Martínez, da Cámara Mineira de Galiza.

O encargado de moderar o debate foi o secretario comarcal da CIG-Ourense e técnico superior de Prevención de Riscos Laborais, Anxo Pérez Carballo, mentres que a clausura correu a cargo da secretaria confederal de Saúde Laboral da CIG, Xulia González Pascual.


Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos.
Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.