Xa se pode reclamar o IRPF pola prestación de maternidade/paternidade na Axencia Tributaria
A Axencia Tributaria vén de habilitar unha sección a través da que poden solicitar as devolucións do IRPF aquelas persoas que cobraron prestación por maternidade/paternidade durante os anos 2014 e 2015. Para quen a cobrou en 2016 ou 2017, a administración habilitará o trámite a partir de xaneiro de 2019.
Na seguinte ligazón pódese acceder ao trámite, indicando o ano de reclamación e o número de conta de titularidade da persoa, acreditándose co mesmo método que se esixe para realizar a declaración da renda (vía pin, mediante o servizo REN0 ou por certificado dixital).