Unha cadea humana rodea San Caetano contra o proxecto de Altri na Ulloa
Milleiros de persoas participaron na cadea humana que o domingo 30 de xuño rodeou o edificio administrativo de San Caetano (Compostela) para reclamarlle ao Goberno galego que non autorice o proxecto de Altri.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, salientaba ao inicio da mobilización que a resposta dada “é unha nova demostración do clamor popular de toda Galiza con Altri” e denunciou que o Goberno do PP “non pode condenarnos a ter unha industria de enclave, colonial e depredadora” como a que formula a empresa lusa.
O Goberno do PP non pode condenarnos a ter unha industria de enclave, colonial e depredadora
Advertiu do impacto social, económico e ambiental que suporía para as comarcas da Ulloa, a Ría de Arousa e o conxunto de Galiza este proxecto, ao que “agora temos que sumarlle o intento de reabrir a mina de Touro”.
Por iso chamou a manter a mobilización social para parar esta ofensiva do PP, “porque xa está ben. Estamos fartas e fatos de ser unha colonia. Queremos e temos dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra”.