Ucraína: o Ministerio da Verdade
En torno á guerra en Ucraína, os medios e gobernos occidentais prohíbennos ler outro libro que o escrito pola OTAN. Vivimos un macartismo en estado puro. Unha Ditadura Global, fronte á que será imprescindíbel organizar a resistencia
Censura absoluta: 1984
Os medios rusos que, durante anos, foron espazo para analistas internacionais críticos(1)(2), foron prohibidos polos EUA, a Unión Europea(3), Reino Unido(4) e outros aliados. O seu sinal aberto, as súas canles YouTube(5) e todas as súas redes sociais. Sen decisión xudicial ningunha.
Google borrou do seu buscador os seus contidos anteriores, a súa hemeroteca(6). Para reescribir a historia, como o Ministerio da Verdade da novela 1984.
Os medios aplican unha censura estrita. Deixando -abofé- algúns espazos testemuñais que xustifiquen a súa falsa pluralidade. Liu Sivaya, politóloga rusa, enfrontábase a unha horda na canle española Cuatro(7). Ao denunciar os oito anos de bombardeos ucraínos en Donbass, tivo que escoitar que eran “matices irrelevantes”: “Paréceme un auténtico insulto que comecemos con matices irrelevantes ante unha situación que é tan sumamente clara, que non permite tomar brancos e negros e na que está clarísimo quen son os bos e os malos”, dicía a tertuliana Ketty Garat.
Precisamente por falar da situación en Donbass, o diario francés Le Figaro censurou unha reportaxe da súa correspondente Anne-Laure Bonnel(8). O coronel español Pedro Baños decidiu abandonar as súas aparicións en televisión tras recibir serias ameazas. A razón: o ton neutral das súas análises sobre o conflito(9).
YouTube censurou non só a medios e xornalistas de Rusia con millóns de seguidores(10). Tamén documentais como Ukrania on fire, de Oliver Stone, realizado hai xa seis anos(11).
Twitter etiquetou como “medios afiliados ao goberno ruso” as contas de todo xornalista que colabore, nalgún momento, con algunha canle pública rusa(12). É a “estrela amarela” coa que marcalos, profesionalmente, de cara ao futuro(13).
Para a propaganda de guerra contra Rusia na rede TikTok, Joe Biden convocou os 30 ticktokers máis influíntes, dándolles unha mensaxe clara que espallar: o culpábel da inflación en EEUU é Putin(14).
Facebook e Instagram levantaron a prohibición das mensaxes de odio se estes son contra Rusia, permitíndose os chamados a matar os presidentes ruso e bielorruso e as gabanzas ao Reximento nazi ucraíno Azov(15).
As redes permiten e aguilloan este odio antirruso: políticos como o senador estadounidense Lindsey Graham pediron en Twitter o asasinato do presidente Vladimir Putin, sen que a rede os limitase(16). En “medios serios”, como NBC News, un reporteiro propoñía un ataque da OTAN a convois rusos, ou o que é case o mesmo, o inicio da III Guerra Mundial(17).
A xornalista rusa que protestou en televisión contra Putin e á que só lle impuxeron unha multa, é xa unha estrela mundial(18). Pero sobre un xornalista europeo, o vasco Pablo González, que leva case un mes encarcerado e incomunicado en Polonia, acusado de ser “espía ruso” por informar sobre o drama en Donbass, o silencio mediático é case absoluto(19).
O nazismo bo
O xornal catalán La Vanguardia realizaba unha promoción comercial co lema “Stop Putin. A desinformación quérenos divididos”(20). Traducido: a unidade contra o único ruín (Rusia) require esmagar toda información e opinión que contradiga a versión oficial europea.
Borrando para iso, por exemplo, os crimes do noso aliado, Ucraína. O diario español ABC eliminaba as novas que publicara, en 2016, sobre violacións a nenos e nenas por parte do exército de Kiev(21).
Chaman “Centro para o Mantemento da Paz” a unha base de adestramento de mercenarios(22). Palabra -por certo- prohibida nos medios: son “combatentes estranxeiros”(23). Así despedía a entrevista a un deles unha reporteira española: “Esta mesma tarde el vaise nun autobús cara a España, preparado con refuxiados ucraínos e no que van ir algúns dos combatentes estranxeiros españois”. Este mercenario de ultradereita regresará á casa sen ser detido nin interrogado. Sen pasar o calvario policial e xudicial que sufriron oito milicianos de esquerda ao regreso de Donbass en 2015, tras ser etiquetados polos medios españois como “prorrusos”(24).
Algún informativo falou de Fahrudin Sharafmal, presentador ucraíno que, en directo, fixo un chamamento a degolar a todos os nenos rusos(25)? E sobre Gennadiy Druzenko, director dun Hospital Móbil de Voluntarios, que ordenou castrar as soldados rusos por seren “lesmas”(26)? E sobre os actos de humillación pública, en Ucraína, a persoas xitanas, pintadas de verde e atadas a postes(27)? Nada.
O Rexemento Azov, composto por neonazis, é unha forza voluntaria de reserva das Forzas Armadas de Ucraína(28)(29). E os seus membros -nazis- son entrevistados, coma se tal cousa, por medios como a CNN(30). Azov recibiu armas de gobernos europeos, como o de España(31): compradas con mil millóns de euros do “Fondo Europeo en Apoio -non se rían, non- á Paz”(32). Na canle española Cuatro, un “experto” daba -con toda tranquilidade- leccións de como empregar este armamento para "matar máis rusos"(33): “Son optimista dun xeito nada máis: hai que matar máis rusos(...) Porque o pobo ucraíno necesítao para poder chegar a unha boa negociación”, dicía o instrutor militar José Jiménez Planelles.
En Portugal, un xuíz levantou, ao neonazi Mario Machado, a obriga que tiña de se presentar quincenalmente, ao terse ofrecido a ir a Ucraína para brindar -sigan controlando o riso- “axuda humanitaria”(34).
Que o presidente Volodímir Zelenski outorgue o título de Heroe Nacional de Ucraína a Dmytro Kotsyubail(35), líder do grupo paramilitar Pravy Sektor, artífice do masacre dos sindicatos de Odessa, en 2014, na que 46 persoas foron queimadas vivas(36)? Non o oirán.
Que o Servizo secreto ucraíno asasinou a un membro da súa propia delegación negociadora con Moscova por “traizón”(37)? Cousas da guerra.
Nas televisións móstrannos unha exposición-protesta polas nenas e nenos mortos, estas semanas, en Ucraína(38). Excelente. E a exposición en Moscova “Mira aos ollos do Donbass”, sobre os máis de 150 menores asasinados por forzas ucraínas nestes últimos oito anos, en que informativo saíu(39)?
Fake news for war
Hai que converter un tanque ucraíno que esmaga un coche nun "tanque ruso"(40). Un mísil ucraíno que derruba un bloque de vivendas nun “mísil ruso”(41). Unha nena de Donbass vítima das tropas ucraínas, nunha nena de Kiev(42).
Hai centos de fake news parecidas(43). O telexornal de Antena 3, o máis visto en España, abriu con imaxes dunha explosión en China coma se fosen bombardeos de Rusia(44).
“Unha carnicería”, titulaba en portada o xornal italiano La Stampa, coa foto de civís masacrados nun bombardeo ruso(45). Ruso? Non. A imaxe era de Donetsk (Donbass), onde 421)morreron 30 civís por un mísil... ucraíno(46).
O Goberno de Rusia asegura que non pediu armas a China. China confírmao. Pero que nos contan os medios? Letra por letra, o que di o Goberno... dos EUA(47)(48)(49).
Racismo clasista con ollos azuis
A loábel solidariedade coa poboación refuxiada de Ucraína pasa, unha e outra vez, por un filtro de racismo clasista(50). Unha xornalista da NBC: "Estes non son refuxiados de Siria, son da nosa veciña Ucraína. Son cristiáns. Son brancos. Parécense moito a nós"(51). Un reporteiro da CBS: “Este non é un lugar, con todo respecto, como Iraq ou Afganistán, que ten conflitos hai décadas, este é un país relativamente civilizado e europeo”(52). Un entrevistado pola BBC: “É xente europea con ollos azuis e pelo louro que está a ser asasinada”(53). Un testemuño en La Sexta: “Non son os nenos que estamos afeitos a ver en televisión, senón nenos cos ollos azuis e iso é moi importante”(54).
E como ramo, un informativo de 13 TV (e non é unha parodia): “A situación dos refuxiados” Pois xa ben podes imaxinar. E é que é xente como ti e coma min. Vin bolsos de Dolce&Gabbana, roupa de Louis Vuitton, xente que podería estar en Madrid perfectamente, é xente coma nós e vive nunha condicións totalmente deplorábeis”(55).
The New York Times publicaba un mapa sobre desprazamento de persoas: as familias ucraínas en Polonia son “refuxiadas”(56). As de Donbass en Rusia, en troca, son “migrantes”. Aínda que fuxan das bombas ucraínas.
Mentres a Unión Europa deu a orde de regularizar, de xeito extraordinario, a millóns de persoas procedentes de Ucraína(57), a poboación africana segue sendo recibida a paus polas policías europeas(58). Iso, os que chegan. No último naufraxio de marzo, corenta e catro persoas morrían fronte ás costas canarias(59).
A xeopolítica esixe non martelar as nosas conciencias coas máis de dez mil nenas e nenos mortos en Iemen, por mísiles de Arabia Saudita(60), cuxo goberno, amigo de Occidente, non recibe sancións. Ningunha.
Política no deporte: onte prohibida, hoxe obrigatoria
O Gran Irmán tamén chegou ao deporte. A afección do Estrela Vermella de Belgrado realizou unha impactante protesta contra a OTAN nas gradas do seu estadio, visibilizando os nomes dos países que bombardeou (61). De inmediato, a reacción do xornalismo europeo: mentir sobre o suposto carácter “neonazi” da devandita afección(62). Falso.
En 2009, o futbolista Frederic Kanouté foi sancionado pola FIFA con 3.000 euros por mostrar unha camiseta en apoio a Palestina(63). En 2016, pola mesma condena a Israel por parte da súa afección, a UEFA sancionou o Celtic de Glasgow(64). Pero agora facer política no campo e apoiar o goberno de Ucraína é obrigatorio para todos os clubs de fútbol.
“Dous individuos xa identificados pola Ertzaintza (policía vasca) mostraron o seu apoio a Rusia. Bandeiras a favor de Rusia en San Mamés. Bandeiras e pancartas. A Ertzaintza xa identificou os autores”: isto dicía o comentarista catalán Josep Pedrerol, tratando de criminalizar a quen portaba bandeiras da República Popular de Donetsk (en Donbass), un pobo masacrado, durante oito anos, polo exército de Ucraína e que votou masivamente pola súa independencia(65). Pero nos medios lemos que eran “pancartas a favor da invasión rusa”(66).
O empresario ruso Román Abramóvich viuse obrigado a vender o equipo de fútbol inglés Chelsea, pola presión política e mediática(67). Pero o Newcastle seguirá en mans da Casa Real Saudita, que leva sete anos bombardeando Iemen e causou alí máis de 300.000 mortes(68). Por certo, o 12 de marzo foron executadas en Riad 81 persoas nun só día(69). Pero a Supercopa de España seguirá celebrándose alí, en Arabia Saudita, que paga á Federación Española de Fútbol 30 millóns por ano(70). Todo moi coherente.
A política de chantaxe a escala global fai que empresarios rusos sexan sancionados non polas súas decisións, senón polas do goberno de Rusia. Igual que os seus deportistas, que non poden competir coa bandeira do seu país nin en Mundiais nin en Olimpíadas(71). Nikita Mazepin, piloto ruso, foi despedido do equipo Haas de Fórmula Un.(72). O tenista Daniil Medvedev deberá “renegar de Putin” se quere competir en Wimbledon(73). E o Gran Mestre de Xadrez Sergey Karjakin recibiu unha sanción de seis meses(74).
A Asociación Ucraína de Fútbol retirou a Anatoliy Tymoschuk, un dos mellores xogadores da súa historia, todos os seus títulos e a súa licenza de adestrador, debido “ao seu silencio ante a invasión rusa”(75). O loitador ucraíno Maxim Ryndovskiy foi torturado e executado por neonazis, acusado de “equidistancia” no conflito con Rusia(76). Algún escándalo na prensa deportiva?
A caza de bruxas na cultura
A caza de bruxas chegou tamén á cultura. O ruso Valeri Guérguiev foi destituído como director da Orquestra Filharmónica de Múnic(77). Os teatros europeos, como o Teatro Real de Madrid, están cancelando as actuacións do Ballet Bolshoi(78). A Orquestra Filharmónica de Cardiff (Gales) eliminou do seu repertorio as obras de Tchaikovsky(79). Debido ás protestas, a Universidade de Milán tivo que dar marcha atrás á súa decisión de eliminar un curso sobre Dostoiewski(80). E a de Córdoba, non só rompeu relacións co profesorado de Rusia, senón que ameazou con facelo co de Cuba e Irán “se non rexeitaban a invasión rusa”(81). A Reitora da Universidade de Valencia chamou á “autodeportación” de todo o estudantado ruso(82).
En Arlington (Virxinia), un profesor de escola que incluíu, nunha clase sobre a guerra de Ucraína, o punto de vista de Rusia, foi filmado e denunciado por un alumno. Inmediatamente, foi suspendido por difundir “propaganda rusa”(83).
A tolemia non para. O nome do cosmonauta Yuri Gagarin, primeiro home no espazo e falecido hai 54 anos, foi retirado dun acto benéfico da Space Foundation dos EEUU(84). Non poucos medios estenderon o bulo de que Rusia ía abandonar no espazo a un astronauta estadounidense, algo completamente falso(85). Como falso foi que o traxe amarelo duns cosmonautas rusos na Estación Espacial Internacional fose un “acto de apoio” a Ucraína(86).
Crimes de guerra?
“Criminal de guerra”, cualifican a Putin nos medios que endexamais aplicaron o devandito termo a George W. Bush, José María Aznar ou Tony Blair, tras a invasión de Iraa, que provocou centenares de miles de mortes(87).
Algunha canle de televisión recuperou o vídeo do hoxe presidente dos EUA sobre os bombardeos a Yugoslavia? Pois dixo, exactamente, isto: “Fun eu quen suxeriu bombardear Belgrado. Fun eu quen suxeriu enviar pilotos estadounidenses para destruír todas as pontes”(88). Era 1999. A OTAN lanzou 2.300 mísiles e 14.000 bombas durante 78 días(89). Asasinou a máis de 2.000 civís(90). E que papel xogaron os medios que hoxe se engalanan coa bandeira de Ucraína? Lembremos só a portada da revista Time: "Levando os serbios ao inferno: un bombardeo masivo abre a porta á paz"(91).
Autodeterminación á carta
Dinnos que Putin é un tirano porque -aseguran- prohibe manifestacións en contra da guerra(92). Zelensky acaba de prohibir a actividade de once partidos, case todos de esquerda, ademais do comunista, que xa era ilegal(93), poor seren “prorrusos”. Todo co aval da Unión Europea(94).
O goberno de Lituania cancelou unha doazón de 400.000 vacinas anti-covid19 a Bangladesh, porque este goberno se abstiva na votación para condenar a Rusia na ONU(95).
Suiza, cuxa banca gardou o ouro do III Reich(96), que protexe co segredo bancario a narcotraficantes e defraudadores de toda pelaxe, nun xesto “ético” -tras algunha que outra ameaza, se cadra(97)- “abandonará a súa neutralidade e unirase ás sancións económicas” contra Rusia(98).
E, para acabar, falemos de soberanía e de libre decisión dos pobos.
O Estado español acaba de seguir o rumbo que marcou Donald Trump en relación a Marrocos(99): acepta a súa ocupación ilegal do Sahara e dá unha navallada por atrás ao pobo saharauí(100,que segue sufrindo os bombardeos marroquís(101).
Exactamente igual que co Sahara, nin o Estado español, nin os EUA, nin a Unión Europea, nin Ucraína están dispostas a respectar a vontade inequívoca, expresada en referendo e próxima ao 90%, da poboación de Crimea(102) e Donbass(103).
Vontade que, nos medios occidentais, convertidos en artillería ideolóxica da OTAN, nin se menciona como unha das claves ineludíbeis para a solución do conflito.
Hoxe vivimos un macartismo en estado puro. Unha Ditadura Global. Fronte á que será imprescindíbel organizar a resistencia(104).
_____________________________________________________________________________
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=oeEdFJIBJYk&t=2s
_____________________________________________________________________________
- https://www.cubainformacion.tv/especiales/20220322/96246/96246-censura-de-guerra-rusia-y-cuba-italiano
- https://www.elconfidencial.com/espana/2022-03-12/television-rusa-manipulacion-kremlin-guerra-ucrania_3386028/
- https://www.lavanguardia.com/internacional/20220302/8095180/ucrania-rusia-rt-sputnik-ue-guerra-medios-television-sanciones.html
- https://www.europapress.es/internacional/noticia-reino-unido-suspende-definitivamente-cadena-rusa-rt-20220318102226.html
- https://www.prensa-latina.cu/2022/03/12/youtube-bloquea-medios-de-comunicacion-rusos
- https://twitter.com/ldejesusreyes/status/1500130333169172482?t=XSGwzRJD1txszfDPi73KiA&s=03
- https://www.huffingtonpost.es/entry/escandalo-y-tension-en-cuatro-al-dia-tras-las-palabras-de-una-politologa-rusa-es-un-insulto_es_62226c4be4b04a0545d65f3b
- https://sana.sy/es/?p=223367
- https://www.cuatro.com/horizonte/iker-jimenez-mensaje-coronel-banos-harto-amenazas-aislo_18_3296220018.html
- https://www.elpais.com.uy/domingo/inna-afinogenova-periodista-rusa-censurada-invasion-ucrania.html
- https://infocielo.com/documental/youtube-censura-un-documental-oliver-stone-ucrania-2016-n732806
- https://twitter.com/cgpenalva/status/1498333754431053827
- https://twitter.com/HelenaVillarRT/status/1498356980502695937?t=n4l0hk1eu7T9piaM6EocRw&s=03
- https://www.debate.com.mx/mundo/Ejercito-de-TikTokers.-Joe-Biden-recurre-a-influensers-de-TikTok-para-luchar-contra-la-desinformacion-de-la-la-invasion-de-Rusia-20220314-0029.html
- https://www.lavanguardia.com/tecnologia/aplicaciones/20220311/8116479/libre-haters-facebook-e-instagram-permitiran-desear-muerte-putin-pmv.html
- https://evtv.online/senador-graham-pide-el-asesinato-de-putin/
- https://twitter.com/pascual_serrano/status/1498726185437700106
- https://www.elperiodico.com/es/internacional/20220316/activista-guerra-interrumpe-informativo-television-13372817
- https://www.publico.es/internacional/periodista-pablo-gonzalez-lleva-tres-semanas-preso-polonia-familia-abogado-hayan-podido-contactar.html
- https://suscripciones.lavanguardia.com/landings/706009/landing-3x3.html?utm_source=marketing&utm_medium=email&utm_campaign=captacion&utm_content=periodismoconstruye
- https://twitter.com/pascual_serrano/status/1500184138183290893
- https://mobile.twitter.com/Avivir/status/1502904794343649283
- https://twitter.com/EurekaNews10/status/1503821128439152643
- https://www.elconfidencial.com/espana/2015-02-27/detienen-a-ocho-milicianos-espanoles-tras-combatir-en-el-conflicto-de-ucrania_719239/
- https://7dejunio.com/degollar-a-todos-los-ninos-rusos-presentador-ucraíno/
- http://pablohduarte.com/post/medico-ucraíno-ordeno-castrar-a-todo-soldado-ruso-capturado
- https://www.lavozdelsur.es/actualidad/internacional/ninos-atados-farolas-jovenes-pintadas-verde-hombres-desnudos-tropas-ucraínas-humillan-saqueadores-gitanos_274045_102.html
- https://www.niusdiario.es/internacional/europa/regimiento-batallon-azov-polemico-paramilitar-nazi-integrado-fuerzas-armadas-ucrania_18_3294649658.html
- https://www.latercera.com/la-tercera-sabado/noticia/batallon-azov-el-comando-neonazi-que-desafia-al-kremlin-en-mariupol/W2JPMGXO2RGPRJTNFX6IBZQQ34/
- https://twitter.com/Polk_Azov/status/1505887132224827395
- https://twitter.com/oriolsabata/status/1501288161510670336
- https://www.efe.com/efe/america/mundo/borrell-propone-gastar-500-millones-mas-fondos-ue-para-dar-armas-a-ucrania/20000012-4758624
- https://www.publimetro.cl/noticias/2022/03/12/hay-que-matar-mas-rusos-la-insolita-solucion-de-instructor-militar-de-espana-para-terminar-con-la-guerra-en-ucrania/
- https://www.publico.pt/2022/03/18/sociedade/noticia/juiz-dispensa-mario-machado-apresentar-quinzenalmente-esquadra-combater-ucrania-1999356
- https://twitter.com/manelmarquez/status/1500190631313952772
- https://www.voltairenet.org/article183837.html
- https://www.lavanguardia.com/internacional/20220306/8103569/denis-kireev-asesinado-negociadores-rusia-ucrania.html
- https://www.infobae.com/america/fotos/2022/03/18/impactante-protesta-en-ucrania-mas-de-100-cochecitos-de-bebes-vacios-rinden-tributo-a-los-ninos-muertos-en-la-invasion/
- https://venezuela-news.com/exposicion-mira-a-los-ojos-del-donbas-se-inauguro-en-moscu/
- https://videos.elmundo.es/v/5HH38rhhG0w-un-tanque-ruso-engulle-a-un-coche-y-a-su-conductor-en-ucrania
- https://www.telesurtv.net/news/ucrania-rusia-conflicto-proyectil-kiev-20220226-0010.html
- https://maldita.es/malditobulo/20220226/padre-llora-hija-evacuacion-ucrania-rusia/
- https://maldita.es/malditobulo/20220322/conflicto-militar-rusia-ucrania-bulos/
- https://twitter.com/JulianMaciasT/status/1497158224222597120
- https://twitter.com/MichelCaballero/status/1504436682019549191
- https://espanol.cgtn.com/n/2022-03-15/GafJEA/moscu-reporta-23-muertos-en-donetsk-tras-ataque-con-misiles-en-ucrania/index.html
- https://www.elmundo.es/internacional/2022/03/14/622ec29dfc6c835b478b457e.html
- https://www.antena3.com/noticias/mundo/eeuu-insiste-que-rusia-pedido-armas-china-estarian-dispuestos-darselas_202203156230a762f5e39e0001f84918.html
- https://www.20minutos.es/noticia/4970068/0/rusia-ha-pedido-a-china-apoyo-militar-y-economico-segun-medios-de-eeuu/
- https://spanishrevolution.org/2022/03/04/video-rubios-y-de-ojos-azules-refugiados-de-primera/
- https://www.semana.com/mundo/articulo/periodista-aseguro-que-refugiados-de-ucrania-son-mejores-que-los-de-siria/202231/
- https://twitter.com/Racismo_MX/status/1498656583089201167
- https://www.diariodemorelos.com/noticias/europeos-con-ojos-azules-son-asesinados-guerra-en-ucrania-destapa-racismo
- https://twitter.com/PiensaPrensa/status/1498386092994691072
- https://twitter.com/HelenaVillarRT/status/1506827729135718402
- https://twitter.com/AnibalGarzon/status/1499159123690196996
- https://rebelion.org/de-unos-cien-ucraínos-que-aceptan-acogen-mas-o-menos-a-dos-africanos/
- https://rebelion.org/las-razones-de-la-presion-sin-precedentes-sobre-melilla/
- https://twitter.com/pascual_serrano/status/1502717693530710017
- https://www.europapress.es/internacional/noticia-mas-10200-ninos-muerto-resultado-heridos-causa-guerra-yemen-unicef-20220312010250.html
- http://izquierdaweb.cr/internacional/el-estrella-roja-de-belgrado-le-recuerda-a-la-otan-los-ataques-de-sus-miembros-en-los-ultimos-70-anos/
- https://www.elespanol.com/social/20220318/bochornoso-pablo-iglesias-rifirrafe-antonio-maestre-darle/658184524_0.html
- https://www.europapress.es/deportes/futbol-00162/noticia-kanoute-sancionado-3000-euros-exhibir-camiseta-lema-palestina-20090109205026.html
- https://www.elperiodico.com/es/deportes/20160929/celtic-multa-uefa-banderas-palestinas-hapoel-5431682
- https://twitter.com/alinadetormes/status/1501305268734345217
- https://www.20minutos.es/deportes/noticia/4967253/0/aficionados-pro-rusia-grada-san-mames/
- https://www.bbc.com/mundo/deportes-60596509
- https://elpais.com/deportes/2021-10-08/el-newcastle-se-entrega-a-arabia-saudi-y-se-apunta-a-la-lista-de-clubes-estado.html
- https://news.un.org/es/story/2022/03/1505562
- https://www.marca.com/futbol/supercopa-espana/2021/06/07/60bdcf39ca47419b288b4580.html
- https://www.europapress.es/deportes/olimpiadas-00169/noticia-coi-recomienda-vetar-deportistas-rusos-bielorrusos-20220228164029.html
- https://www.caranddriver.com/es/formula-1/a39332354/haas-despide-nikita-mazepin/
- https://www.abc.es/deportes/tenis/abci-wimbledon-peligra-para-medvedev-debe-renegar-putin-para-competir-202203151913_noticia.html
- https://www.20minutos.es/deportes/noticia/4974130/0/sergey-karjakin-sancion-apoyo-vladimir-putin/
- https://www.tudn.mx/futbol-internacional/anatoliy-tymoshchuk-queda-vetado-del-futbol-ucraíno-de-por-vida
- https://www.marca.com/otros-deportes/2022/03/06/62249a5422601d561a8b459e.html
- https://www.dw.com/es/la-filarm%C3%B3nica-de-m%C3%BAnich-cancela-su-colaboraci%C3%B3n-con-el-director-ruso-valery-gergiev/a-60957268
- https://elpais.com/cultura/2022-03-04/el-teatro-real-cancela-las-funciones-del-ballet-bolshoi.html
- https://rpp.pe/mundo/actualidad/orquesta-filarmonica-de-cardiff-retira-obra-de-tchaikovsky-por-conflicto-en-ucrania-noticia-1391772
- https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20220302/universidad-italiana-cancela-dostoievski-13311850
- https://cordopolis.eldiario.es/cordoba-hoy/sociedad/universidad-cordoba-rompera-relaciones-profesores-cubanos-iranies-si-no-rechazan-invasion-rusa_1_8801858.html
- https://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2022/03/14/622f71adfc6c8339528b4590.html
- https://twitter.com/brunosgarzini/status/1499761651385606144
- https://colectivo-news.com/internacional/una-fundacin-de-eeuu-censura-el-nombre-de-yuri-gagarin-en-un-evento-dedicado-al-espacio-por-el-conflicto-en-ucrania/
- https://www.tercerainformacion.es/articulo/ciencia/14/03/2022/roscosmos-desmiente-los-bulos-sobre-supuestos-planes-de-abandonar-a-un-astronauta-estadounidense-en-la-eei/?p=155749
- https://www.dw.com/es/astronautas-rusos-llegan-a-la-eei-vestidos-de-amarillo-y-azul-colores-de-la-bandera-de-ucrania/a-61206460
- https://elpais.com/internacional/2007/03/16/actualidad/1173999603_850215.html
- https://www.youtube.com/watch?v=54OVTfeXgNE
- https://es.wikipedia.org/wiki/Bombardeo_de_la_OTAN_sobre_Yugoslavia
- https://twitter.com/eutelia50/status/1503380585192083463?t=15f-_LAbnNIg5Lxbq8tVWg&s=03
- https://www.reddit.com/r/PropagandaPosters/comments/4bs62n/bringing_the_serbs_to_heel_a_massive_bombing/
- https://www.semana.com/mundo/articulo/rusia-sancionara-a-quienes-participen-en-manifestaciones-contra-la-guerra-en-ucrania/202222/
- https://es.euronews.com/2022/03/20/zelenski-suspende-la-actividad-de-al-menos-11-partidos-politicos-en-ucrania
- https://www.europapress.es/internacional/noticia-bruselas-enmarca-suspension-partidos-opositores-ucrania-ley-marcial-plena-invasion-rusa-20220322154330.html
- https://www.lrt.lt/en/news-in-english/19/1634221/lithuania-cancels-decision-to-donate-covid-19-vaccines-to-bangladesh-after-un-vote-on-russia
- https://elpais.com/diario/1998/05/26/internacional/896133609_850215.html
- https://www.france24.com/es/minuto-a-minuto/20220227-aumenta-la-presi%C3%B3n-sobre-suiza-para-que-se-una-a-las-sanciones-internacionales-contra-rusia
- https://www.abc.es/internacional/abci-suiza-abandona-tradicional-neutralidad-y-sanciones-economicas-contra-rusia-202202281528_noticia.html
- https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-55267560
- https://www.cronicasdelanzarote.es/articulo/canarias/pedro-sanchez-traiciona-pueblo-saharaui-cediendo-chantaje-marruecos/20220322121635307667.html
- https://www.mundoobrero.es/pl.php?id=13074
- https://elpais.com/internacional/2014/03/16/actualidad/1394974142_352878.html
- https://elpais.com/internacional/2014/05/10/actualidad/1399756365_060753.html
- https://rebelion.org/informacion-falsa-imagenes-adulteradas-videos-trucados-y-censura-al-servicio-de-la-otan/
_____________________________________________________________________________
[Texto tirado do sitio web Cuba Información, do 27 de marzo de 2022]