
Traballadores/as de Ainair desconvocan as mobilizacións logo da empresa comprometerse a pagar as cantidades adebedadas
A auxiliar de Navantia tiña pendente de abonar as nóminas e indemnizacións a 16 empregados/as despedidos/as
A Coruña -
Así o comunicaron dende o Comité, que tiña convocada para hoxe unha xornada de folga e unha concentración diante do estaleiro de Navantia Ferrol, que finalmente ficou suspendida. Dende a representación do persoal aproveitaron para agradecer ao Comité de Navantia, ás federacións do sindicatos con representación e aos traballadores/as do estaleiro o apoio amosado.
Ainair tiña pendente de pagar a nómina do mes de novembro e as indemnizacións correspondentes a 16 operarios/as despedidos; ademais de seren habituais os atrasos no abono das mensualidades ao resto do persoal. Logo de acordar as medidas de presión, a empresa accedeu a sentar a negociar e comprometeuse a pagar as cantidades pendentes, que xa ingresou, polo que as mobilizacións ficaron suspendidas.
Novas relacionadas