Traballadoras/es de Vícaro Confección e Nanos Moda rexeitan o ERE e reclaman o pago dos seus salarios
Os traballadores e as traballadoras de Vícaro e Nanos Moda concentráronse estar tarde diante da tenda que a coñecida empresa téxtil ten no número 4 da Rúa Juan Flórez, en rexeitamento ao ERE de extinción e para reclamar o abono dos salarios adebedados.
Ao berro de “Non ao ERE, queremos traballar” e “non nos pagan queremos cobrar”, o persoal manifestou o seu rexeitamento ao proceso de liquidación e aos despedimento en Nanos e responsabilizar a familia Martínez de ter levado a empresa a esta situación desastrosa. A compañía atópase nestes momentos en situación concursal derivada dunha nefasta xestión e a descapitalización dos últimos anos.
Agora o administrador formulou un despedimento colectivo para os arredor de 30 traballadores e traballadoras da fábrica de Bergondo (Vícaro Confección) e das oficinas (Nanos Moda), ao non contar con esta parte do negocio en ningunha das posíbeis resolucións do concurso.
Pero ademais, coa protesta o persoal quere reclamar que se priorice e garanta o abono inmediato das nóminas de maio e xuño que aínda teñen sen cobrar, así como as dúas pagas extraordinarias.