Traballadoras do SAF claman en Compostela pola dignificación laboral e salarial que merecen

Nacional - 05 Nov 2022

Unhas 1500 traballadoras dos servizos de axuda no fogar procedentes de toda Galiza manifestáronse esta tarde en Compostela para amosar o seu rotundo rexeitamento ao preacordo de convenio colectivo asinado por CCOO e UGT coa patronal. As traballadoras, en folga indefinida dende o 2  de novembro, denuncian que este preacordo as condena á precariedade e á pobreza laboral e reclaman que, dunha vez, se dignifiquen a súas condicións e se recoñeza o labor fundamental que prestan día a día a milleiros de galegas e galegas.

A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, lembrou ao remate da manifestación que o pasado 8 de maio, as traballadoras xa se mobilizaran en Compostela para exixirlle ás empresas que aplicaran de inmediato a suba salarial do 6,5%, correspondente ao IPC real de 2021, en cumprimento do que estabelece o convenio colectivo vixente.

Dende aquela, cambiou o escenario: constituíse a asociación patronal galega, abriuse a mesa de negociación e está asinado un preacordo de convenio por parte de CCOO e UGT que "non garante o mantemento do poder adquisitivo dos salarios e crea unha dobre escala salarial en función do concello no que se traballe". Fernández critica que dende o inicio das negociacións as dúas centrais españolas foron asumindo as formulacións patronais até o punto de aceptar esta dobre escala "que é discriminatoria e entendemos que ilegal, polo que, se finalmente se asina este convenio procederemos á súa impugnación".

Salarios diferentes en función do concello no que se traballe

Aclara Fernández que o texto do preacordo recolle dúas táboas diferenciadas dependendo de cando se liciten os contratos, de xeito que ás empregadas dunha localidade na que non se vai sacar o novo concurso até dentro de dous anos vánselles aplicar incrementos salariais do 1% en 2023 e doutro 1% en 2024 mentres que ás do concello do lado, se se licita este ano, van ter incrementos do 3,15% en 2023 e do 3,15% en 2024. “En consecuencia, unhas traballadoras terá en dous anos unha suba do 2% e as outras dun 6,30%”, apunta.

Fronte a isto, a CIG propuxo ir ao incremento máximo que permite o contrato pero coa mantendo a garantía de revisión salarial ao IPC real (tal e como agora recolle o artigo 7 do convenio galego) e recoñecendo o pago do 100% das IT, tendo en conta que neste sector, polas dificultades físicas que carrexa traballar con persoas dependentes, son habituais as baixas.

No caso do pago pola quilometraxe (cómpre lembrar que estas traballadoras realizan as súas tarefas nos domicilios das persoas usuarias aos que desprazan nos seus propios vehículos), pásase dos actuais 0,19 céntimos por km a 0,22cts/km, mais sen atrasos e sen subir esta compensación durante toda a vixencia do convenio (2022-2026).  

Pero ademais, a patronal pretende, a cambio desas subas de miseria, liquidar do convenio a cláusula de revisión salarial que viña funcionando até agora e chantaxeou todo a negociación negándose a aplicar o incremento do 6,5% de 2021 (que xa deberían testar reflectido nas nóminas dende o 1 de xaneiro) até a publicación do convenio no DOG. Nese momento aplicarían a suba con carácter retroactivo, pero até entón “as  traballadoras seguirán perdendo poder adquisitivo e empobrecéndose cada dia un pouco máis nun momento no que a carestía da vida medra imparábel”.

Alén das cuestións económicas, no texto do preacordo tampouco se estipula a xornada máxima semanal, só aludíndose á xornada anual máxima. Este punto, indica a secretaria nacional da CIG-Servizos, resulta fundamental xa que nos SAF o 90% das traballadoras teñen xornadas parciais, pero a maiores fan horas complementarias. “O problema é que ao non ter determinada a xornada máxima á semana, cando hai un exceso de horas é moi complicado reclamar a compensación porque o cálculo se fai sobre o total anual. Na práctica o que acontece é que as traballadoras pasan semanas seguidas sen poder gozar do descanso legal e cubrindo a conta da súa saúde a falta de persoal”.

Unha folga que é un exemplo de dignidade

Este preacordo foi amplamente rexeitado polas traballadoras nas asembleas convocadas pola CIG e nestes momentos o sector está inmerso nunha folga indefinida que as compañeiras sosteñen con toda a forza, dando un exemplo de vontade e de dignidade.

Porque nin as empresas que prestan o servizo nin os Concellos (a quen a Xunta de Galiza derivo a prestación deste servizo social básico) llo están pondo fácil: servizos mínimos abusivos e ameazas marcan xornada tras xornada a folga. Pero as traballadoras non se renden e cada día saen ás rúas en múltiples localidades do país para vsibilizar a folga, explicar á cidadanía cales son as súas reivindicacións e pedirlles o seu apoio, porque cómpre dignificar os traballos de coidados e cómpre garantir unha atención de calidade para as persoas usuarias.

A este respecto, Transi Fernández lembra que esta folga non se estaría producindo “se tiveramos un servizo totalmente público xestionado pola Xunta de Galiza que garantira condicións salariais e laborais dignas e en igualdade de condicións para todas as traballadoras dos SAF”.

Nesta liña, critica que a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), ente ao que a CIG se dirixiu para abordar a situación do SAF, se desentende do conflito, limitándose a dicir que a Xunta de Galiza aínda non lles contestou á solicitude de reunión para tratar a problemática relacionado cos contratos e a xestión deste servizo público.

Para máis abundar, aínda que o preacordo foi acado o 20 de outubro, a día de hoxe CCOO e UGT non aclararon se o van ratificar ou non e nin sequera fixada data de xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais para proceder a súa sinatura definitiva.

Así as cousas, a folga continuará a vindeira semana e xa está programado un calendario de mobilizacións a desenvolver en máis de 40 municipios do país.

MOBILIZACIÓNS FOLGA SAF

Domingo 6 de novembro:

  • A Coruña: ás 11:30h concentración no Obelisco
  • Narón: ás 12h concentración na Praza de Galiza
  • Redondela: de 11 a 13h reparto na feira

Luns 7 de novembro

  • A Coruña; ás 12h, concentración diante de Ingesan (Ronda de Outeiro, 42)
  • A Guarda, ás 11h, concentración diante do Concello
  • As Neves: ás 11h, concentración diante do Concello
  • A Pastoriza: ás 14h, concentración diante do Concello
  • Cambre: 12:30h, concentración diante do Concello
  • Covelo, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ferrol: ás 12:30h, concentración diante do Concello (Praza de Armas)
  • Illa de Arousa: 15:15h, concentración diante do Concello
  • Mos, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Moaña: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Muxía, ás 13h, concentración diante do Concello
  • O Carballiño: ás 14:30h, concentración diante do Concello
  • O Porriño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ourense: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Pazos de Borbén: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ponteareas: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Redondela: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Salceda: ás 11h e ás 17h, concentración diante do Concello
  • Tomiño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Trazo: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Vigo: ás 11h, concentración diante do Concello

Martes 8 de novembro:

  • A Coruña: ás 09:30h, concentración diante do Concello
  • As Neves: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Cambre: 12:30h, concentración diante do Concello
  • Carballo: ás 12h, concentración na Praza do Concello
  • Covelo, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Cuntis: ás 15:15h, concentración diante do Concello
  • Lugo: ás 18h, concentración diante do Concello
  • Moaña: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Mos: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Neda: 12:30h, concentración diante do Concello
  • O Carballiño: ás 14:30h, concentración diante do Concello
  • O Porriño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • O Rosal, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ourense: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Pazos de Borbén: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ponteareas: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Redondela: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Salceda: ás 11h e ás 17h, concentración diante do Concello
  • Tomiño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Vedra: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Vigo: ás 11h, concentración diante do Concello

Mércores 9 de novembro:

  • A Coruña: ás 09:30h, concentración diante do Concello
  • A Guarda, ás 11h, concentración diante do Concello
  • As Neves: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Becerreá: ás 12h, concentración diante do Concello
  • Brión: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Cambados: ás 15:15h concentración diante do Concello
  • Cambre: 12:30h, concentración diante do Concello
  • Covelo, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Moaña: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Monforte, ás 20h, manifestación
  • Mos, ás 11h, concentración diante do Concello
  • O Carballiño: ás 14:30h, concentración diante do Concello
  • O Porriño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ourense: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Pazos de Borbén: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ponteareas: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Redondela: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Salceda: ás 11h e ás 17h, concentración diante do Concello
  • Tomiño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Valdoviño: ás 12:30h, concentración diante do Concello
  • Vigo: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Vimianzo; ás 13h, concentración na Praza do Concello

Xoves 10 de novembro

  • Touro: ás 11h, concentración diante do Concello
  • A Coruña: ás 09:30h, concentración diante do Concello
  • As Neves: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Cambre: 12:30h, concentración diante do Concello
  • Carballo: ás 12h, concentración na Praza do Concello
  • Covelo: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Chantada: ás 15:30h, concentración diante do Concello
  • Moaña: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Mos: ás 11h, concentración diante do Concello
  • O Carballiño: ás 14:30h, concentración diante do Concello
  • O Porriño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • O Rosal, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ourense: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Pazos de Borbén: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Ponteareas: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Redondela: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Salceda: ás 11h e ás 17h, concentración diante do Concello
  • Tomiño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Vigo: ás 11h, concentración diante do Concello

Venres 11 de novembro

  • A Coruña: ás 09:30h, concentración diante do Concello
  • A Guarda, ás 11h, concentración diante do Concello
  • As Neves: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Cambre: 12:30h, concentración diante do Concello
  • Covelo: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Láncara: ás 11:30h, concentración diante do Concello
  • Moaña: ás 11h, concentración diante do Concello
  • Mos: ás 11h, concentración diante do Concello
  • O Carballiño: ás 14:30h, concentración diante do Concello
  • O Porriño, ás 11h, concentración diante do Concello
  • Oroso: ás 11h, concentración diante do Concello