Terceira Guerra Mundial: unha transición entre a nova orde mundial e a caída da anterior

Ramón Grosfoguel - 15 Xun 2022

O obxectivo de Estados Unidos é subordinar neocolonialmente a Europa baixo o seu dominio económico substituíndo as empresas rusas con transnacionais estadounidenses e afastar Europa do comercio da Ruta da Seda con China que pasaba por territorio ruso

Racismo e xenocidio: o regreso do nazismo en Europa

 A guerra en Ucraína leva oito anos. Desde o golpe de Estado de 2014 organizado pola CIA con milicias nazis para derrocar o goberno democraticamente electo, Ucraína está nunha guerra de exterminio contra os ucraínos rusofalantes.

 O imperio estadounidense e a OTAN desde o 2014 veñen sostendo financeira e militarmente os nazis ucraínos co obxectivo de provocar a Rusia nun conflito armado en Ucraína e que os nazis fagan unha “guerra por delegación” (proxy war) para desgastar a Rusia e facela implosionar como ocorreu coa Unión Soviética nos anos 80 do século pasado.

 Logrado o golpe de Estado do 2014, estas milicias nazis entraron oficialmente no exército e na intelixencia do Estado ucraíno comezando o xenocidio contra ucraínos rusofalantes de orixe eslava. Existen máis de 30 batallóns nazis no exército ucraíno e son os que están en primeira liña na guerra de exterminio contra ucraínos de cultura e lingua diferente. As torturas e crimes que realizan contra civís ucraínos son tan horríbeis que mellor non describilas neste espazo.

 Na ideoloxía racial nazi ucraína, que repite a dos seus avós nazis alemáns e ucraínos da Segunda Guerra Mundial, os eslavos son razas inferiores que exterminar, mentres que os ucraínos da banda occidental de Ucraína son considerados de razas superiores de orixe escandinava. Esta teoría racista non ten ningún fundamento científico, mais dá conta da política do exército ucraíno controlado polos novos nazis do século XXI. Máis de 15.000 persoas rusofalantes foron asasinadas nos últimos 8 anos na rexión do Donbass ao leste de Ucraína. Por iso é polo que estas poboacións se independizaron de Ucraína e crearon dous Estados republicanos grazas á loita das milicias populares antifascistas do Donbass. Os medios de desinformación masiva de Occidente estiveron caladiños, agochando esta guerra de exterminio durante 8 anos para encubrir ante a opinión pública internacional o feito de que Estados Unidos, a Unión Europea e a OTAN estean apoiando nazis en Ucraína.

 Esta política de organizar e promover grupos terroristas para derrocar gobernos e provocar guerras non é nova. Esta película xa a vimos cos mercenarios “yihadistas” organizados pola CIA nas guerras do Medio Oriente, os cales terminaron por regarse como un cancro por toda a rexión. O que é novo é que Estados Unidos e a OTAN fagan o mesmo en territorio europeo, mais agora con novos “yihadistas” de ideoloxía nazi. Como os primeiros, os segundos reciben voluntarios internacionais de todas as partes do mundo. Grupos supremacistas brancos dos diversos imperios occidentais estiveron indo combater en Ucraína facéndoo o seu centro de adestramento militar internacional desde hai 8 anos. A guerra de exterminio que levan contra os ucraínos rusofalantes é o campo de adestramento militar para o novo terrorismo “yihadista” nazi. O discurso dos novos nazis é que en Ucraína se está levando a cabo a gran batalla pola supervivencia e supremacía da raza branca e a “civilización occidental”.

 Todas as armas e recursos financeiros que envían os gobernos europeos para soster o exército fascista ucraíno non fan máis que fortalecer as redes nazis internacionais. Armas enviadas a Ucraína xa apareceron en cidades europeas como París, Londres, Rotterdam, etc. O contrabando de armas desde Ucraína e o fortalecemento do fascismo en toda Europa constitúe un problema de seguridade para todos os pobos europeos. O soster nazis en Ucraína para facer unha “guerra por delegación” contra Rusia vai ter consecuencias nefastas en toda Europa como efecto boomerang destas políticas imperiais estadounidenses coa activa participación da Unión Europea. As extremas dereitas europeas estanse fortalecendo electoralmente en toda a rexión.

 Recentemente oficiais da OTAN foron capturados por tropas rusas nos cuarteis do Batallón Azov (autoidentificados como nazis) na cidade de Mariupol. Que facía persoal da OTAN nos cuarteis nazis? Como é posíbel que os gobernos europeos despois do que coñecemos da Segunda Guerra Mundial estean armando e sostendo o exército fascista de Ucraína? O obxectivo de Rusia de desnazificar Ucraína debería ser un obxectivo común de todos os europeos. Pola contra, Europa pagará un prezo moi alto nesta xogada sucia do imperio estadounidense e o seu brazo armado a OTAN. A consigna debería ser: “Abolir a OTAN”.

Europa, a gran perdedora

 Así e todo, malia que os Estados Unidos están en caída libre, un imperio endebedado como produto de todas as guerras que iniciaron e que só serviron para que se beneficien unas poucas empresas armamentísticas, nestes momentos conseguiron que Europa lles merque armas, algo que era un desexo estadounidense e se converteu en realidade; Alemaña, Austria e toda Europa están investindo millóns de euros en gasto militar. É tan é raro que cómpre pensar que hai unhas estratexias de chantaxe por baixo da mesa, que está obrigando os europeos a debilitárense investindo en armas, cando está xa nunha hiperinflación asociada coa suba da dereita ao poder. É unha estratexia capitalista, nunha situación de crise actúan creando unha crise aínda maior; o mesmo argumento pode consultarse neste artigo de Pepe Escobar.

 Trátase dun “golpe de Estado” xeopolítico internacional fabricado desde os Estados Unidos contra Europa en primeiro lugar e contra China en segundo lugar vía Rusia e Ucraína. O gran gañador a curto prazo é Estados Unidos. O gran perdedor é Europa. O imperio estadounidense tíñao planeado desde hai varios anos. Para os que teñan dúbidas e para aclarar que non se trata de teorías conspirativas, vexan este informe de 2019 da Rand Corporation, un think tank da intelixencia estadounidense titulado “Extending Russia”.

 O obxectivo de Estados Unidos é subordinar neocolonialmente a Europa baixo o seu dominio económico substituíndo as empresas rusas con transnacionais estadounidenses e afastar Europa do comercio da Ruta da Seda con China que pasaba por territorio ruso. Coas sancións, a banca róuballe 600 billóns de euros a Rusia e as compañías transnacionais estadounidenses substituirán case todas as importacións europeas que veñen desde Rusia equivalentes a entre o 30% e o 40% das importacións mundiais da Unión Europea. Lembremos que ademais de gas e petróleo, Europa importa de Rusia trigo, aluminio e moitos produtos agrícolas. Un negocio redondo para os Estados Unidos.

 Serán os europeos os que pagarán a hiperinflación que lles vén enriba a mans das transnacionais oligopólicas estadounidenses que lles venderán todo a prezo de monopolio e serán os que terán que enfrontar o ascenso do fascismo nos seus propios países. Non é a OTAN senón a Unión Europea a que acaba de aprobar miles de millóns de euros en axuda militar para Ucraína e en aumentos de orzamentos militares en toda Europa, incluída Alemaña. O complexo militar-industrial ianqui está de festa porque agora Europa está comprándolles cantidades billonarias de armamento. Cúmprese o soño americano de Trump e Biden de que Europa pague pola súa propia defensa, mentres vostedes se subordinan economicamente ás empresas transnacionais ianquis. Os poucos fondos que antes ían á educación, saúde, vivenda, etc., agora reduciranse aínda máis e pasarán a gastos militares para beneficio de empresas estadounidenses.

Unha nova orde mundial

 Malia que a propaganda occidental anuncia un Putin tolo e desatado, a realidade non é esta. Rusia e China están preparados, os países asiáticos están pensando en crear unha moeda para comerciar internacionalmente baseados no patrón de ouro.

 As sancións impostas a Rusia aceleraron os procesos da caída do imperialismo ianqui e a creación dun mundo multipolar. A orde mundial está cambiando e abandonando a visión unipolar de Estados Unidos; a nova orde que é a contrarresposta, o ascenso dunha nova orde mundial multipolar, algo que non se debe perder de vista. Se perde Rusia, significa quedar no unipolarismo estadounidense. A nova orde mundial será capitalista, mais non será unipolar nin unilateral nin hexemónica que se impón ao mundo, con sancións, golpes de Estado e guerras ou xogo sucio, a un mundo multipolar onde haxa un intercambio respectuoso entre países con regras do xogo multipolares.

 O mellor que pode pasar é que se xere esta nova orde mundial multipolar. Si esto non ocorre e Rusia perde, estaremos ante a peor situación para o mundo; unha orde mundial unilateral dirixida polos Estados Unidos.

 Os actores centrais serán China, Rusia, A India, Brasil, Sudáfrica e máis países que se impliquen de xeito positivo, e que sirva para saír deste beco sen saída no que estamos desde a Segunda Guerra Mundial, que impuxeron unhas regras imperialistas que eles mesmos cambian cando lles convén.

 A imaxe da prensa dominante é a de ofrecer unha acción tola de Putin, cando realmente está parando a provocación que lle está facendo a OTAN ao proporcionar armas bacteriolóxicas e mesmo nucleares aos nazis ucraínos. Putin realizou unha acción defensiva que se insire dentro dun contexto moito máis complexo.

A guerra híbrida

 Son unha diversidade de estratexias utilizadas co obxectivo de facer caer gobernos, e sen necesidade de que interveña o exército. Por exemplo, deixar o pobo sen recursos, mais sen a necesidade do exército. Chámase pirataría internacional, xogo sucio de ataques ao pobo privándoo dos recursos máis básicos para a vida (auga, electricidade, acceso á comida, sancións...), o que provoca que o pobo se levante contra os seus propios gobernos. Tal e como fixeron en Venezuela.

 Outra estratexia, típica de Estados Unidos, é a provocación; neste caso vemos como está arrastrando a Rusia cara a unha guerra de desgaste para que se extralimite máis aló das súas capacidades fiscais, crebe economicamente e implosione como fixeron contra a Unión Soviética nos anos 80 do século pasado. Esta vez a “ratoeira” para o exército ruso non é Afganistán con mercenarios yihadistas terroristas islámicos apoiados pola CIA, senón Ucraína cos “yihadistas” terroristas nazis apoiados pola CIA e a OTAN.

 A estratexia da falsa bandeira, de provocar autoatentados de maneira que “falsea” a existencia de bombas químicas ou nucleares, estratexia de xustificación que lles permitiu devastar países e todas as súas sociedades. As experiencias previas en Iraq, Afganistán, Libia e Siria levan a previr os enganos típicos estadounidenses; neste sentido Rusia mostrou a evidencia da existencia de 30 laboratorios en Ucraína destinados a producir guerras biolóxicas, operacións dirixidas polo Pentágono estadounidense, negocio no que está directamente implicado o fillo de Biden, o mesmo presidente de Estados Unidos.

 Crear estados de opinión é outra estratexia, un exemplo é que xa se está falando publicamente de “matar a Putin”; faise para cambiar os gobernos (golpes de Estado), e novamente con acusacións de usar armas químicas ou biolóxicas, como fixeron con Assad, ou con Sadam Hussein. Cando se mostraron as falsas bandeiras, non se publica nin se mostra a realidade, ou cando se mostra que todo é mentira os países xa foron destruídos.

 A rusofobia que están creando por parte de Occidente, do mesmo xeito que a islamofobia, son estratexias para estereotipar e que impiden pensar criticamente. Estas mensaxes producen un efecto de esencializar outra cultura, actívase todo o malo asociado ao ruso, e o bo no lado contrario, e terminan apoiando a OTAN e quitándolle racionalidade ás accións de Putin, como tolo, e que merece que sexa asasinado, e sen pensar máis, o que pode explicar a desorientación das esquerdas. Así e todo, de tanto repetir a mesma estratexia (Afganistán, Iraq, Libia, ou Siria) está perdendo a súa eficacia de preparar a sociedade para que apoien os asasinatos, e aínda que si estea funcionando en Occidente, non o fai no resto da poboación mundial. A meirande parte dos países do mundo non seguen as consignas de bloquear a Rusia, e mesmo Arabia Saudita e a India van empezar a usar outras moedas para o comercio enerxético e abandonar o petrodólar.

 Estamos xa na III GM, nunha transición entre a nova orde mundial e a caída da anterior.

____________________________________________________________________________

Para saber máis:

- Marzo 2022 : Parte 1 “Ucraína en llamas: Golpe de Estado internacional de Estados Unidos contra Rusia (+Grosfoguel)” https://m.youtube.com/watch?v=PsPQRRtbvOY&t=4632s

- 2 de abril 2022 : Parte 2 “Del golpe de Estado internacional de Estados Unidos al nuevo orden mundial de Rusia (+Grosfoguel)” https://m.youtube.com/watch?v=XBApUrQ4B10

- 25 de maio 2022: Parte 3 “Guerra en Ucraína y pandemia: ¿Qué hace el ecofascismo para el genocidio planetario? (+Grosfoguel)” https://youtu.be/F058xsW0NEE

_____________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Rebelión, do 11 de xuño de 2022]